O Concello acometerá medio cento de obras de saneamento, asfaltado, equipamentos escolares e deportivos por un millón de euros no que resta de mandato

O goberno municipal de Porriño ven de establecer unha folla

de ruta en materia de obras que se acometerán ó longo das vindeiras semanas

para melloras de saneamento, asfaltado asi como equipamentos escolares e

deportivos que importarán 1 millón de euros e beneficiarán principalmente a

todalas parroquias do concello.

A maior cuantía de ese orzamento procede dos 715.000 € que

Deputación Provincial otorgaba dentro do “Plan Concellos” cuia asignación

revisouse. “No lugar de investir esa dotación en dous megaproyectos,  preferimos acometer perto de 50 actuacions en

unha diversidade de actuacions que mellorarán a moitísimos veciños que agardan

por conectar as suas vivendas á rede de saneamento, polo arranxo de camiños,

pola mellora de colexios como en Atios ou pola ampliación do Pabellón

Municipal, por exemplo”, sinalou Eva García, alcaldesa de Porriño. A primeira

autoridade municipal mantivo a principios de semana unha reunión en Deputación

na que se acordou o reenfoque do destino desa partida orzamentaria.

De xeito que tras unha reunión do equipo de goberno cos

técnicos municipais acordouse destinar 370.000 euros a 10 obras de saneamento

que permitirán que 150 vivendas en diferentes parroquias se enganchen á rede.

Asimesmo se consignan 100.000 euros para asfaltados e repavimentados nas sete

parroquias e 166.000 euros en obras varias.

Tamén 60.000 euros para melloras en centros de ensino  “coma o CEIP “Fernández López” a fin de retirar o falso teito e o arranxo dos baños que non fixera a Consellería de Educación a pesar de terse reiterado a correspondente petición ou para acometer as obras nos vestiarios do CEIP de Atios, compromiso non ejecutado polo anterior responsable político desa materia”, declarou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda e Educación. Por último tamén se investirán 260.000 euros en actuacions deportivas entre as que destaca a reparación de gradas e ampliación do aforo do Pavillón Municipal con 300 prazas mais para chegar a meter 2.000 espectadores.