FOTO-1-2.jpg
O Porriño presenta a súa candidatura ao Plan de Actuación Integrado (PAI) para optar aos fondos FEDER de desenvolvemento urbano sostible
Un investimento de 15 millóns de euros que permitirá transformar O Porriño cara a un modelo urbano máis sostible e inclusivo
INFOGRAFIA-1.jpg
O Concello do Porriño adquire preto de mil metros cadrados para a humanización da contorna do Centro Social
O alcalde Alejandro Lorenzo vén de asinar a compra de tres parcelas por importe de 213.000 euros
64b1a80c-3468-4348-957f-8c1334281eee.jpg
Ampliamos o horario de atención para atender os requerimentos de limpeza de fincas
Ampliamos o horario de atención para informar sobre os requerimentos de obrigatoriedade de limpeza das fincas e tramitar os seguintes formularios :
Recollida-solidaria-de-alimentos-asociacion-INMA.jpg
O Porriño aposta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de actuación
O Concello de Porriño deu un paso histórico ao licitar por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta (CES) de gatos nas colonias felinas do municipio. O contrato, adxudicado á asociación protectora de animais INMA por un importe superior aos 23.000 euros, ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable das colonias.
Pio-XII-inicio-obras-2.jpg
Arrancan as obras de construción dun novo gran parque no corazón do Porriño
O Concello do Porriño inicia hoxe un ambicioso proxecto de transformación urbana co comezo das obras para a creación dun novo espazo público entre as rúas Antonio Palacios e Pío XII. Estes traballos, que inclúen a humanización da Rúa Pío XII, representan a primeira fase da construción dun gran espazo libre de lecer destinado a revitalizar o centro urbano e promover un urbanismo máis amable e accesible.
Parque-Atios-1.jpg
Comezan as obras do novo parque infantil do Outeiro, en Atios
O Concello do Porriño deu comezo xa as obras de construción dun novo parque infantil no Outeiro, en Atios. Este novo espazo, que como o resto dos proxectados no municipio este último ano responde á necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogo para cativada, está situado no barrio dos Galegos, que non conta cun parque infantil.
porrino-fincas.jpg
Seaga realiza controis de xestión de biomasa nas faixas secundarias das parroquias do Porriño
Os técnicos de Seaga inicaron onte os labores de inspección das parcelas incluídas nas franxas secundarias do Porriño, no marco do convenio entre Concello e a Consellería do Medio Rural.
gatos-rueiros.jpg
O Porriño segue apostando polo método CES para un control ético das colonias felinas
O Concello do Porriño reafirma o seu compromiso co benestar animal e o control ético das colonias felinas, apostando polo método CES (captura-esterilización-solta) para controlar a poboación de gatos rueiros e mellorar a súa saúde. 
Parque-Rio-Cans-porrino.jpg
O Porriño avanza na mellora dos seus parques infantís e áreas de lecer
O Concello de Porriño segue apostando pola mellora da calidade de vida dos seus cidadáns, especialmente dos máis pequenos. A concellería de Parques Infantís, que dirixe Marcos Martínez, vén de licitar a mellora de cinco parques infantís e unha área biosaudable. Este proxecto, que conta cun orzamento base de máis de 65.000 euros, financiarase ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.
comezan-traballos-retirada-residuos-lindano-contrasto.jpg
Comezan os traballos de retirada dos residuos de lindano no Contrasto
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, informa de que esta semana darán comezo os traballos de descontaminación do lindano no Contrasto, en Torneiros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comezará este xoves coa preparación do terreo para a posterior excavación e extracción do residuo.
Campus-Voluntariado-Gandaras-Budino-porrino.jpg
O campus de voluntariado internacional "Gándaras de Budiño" inspira aos participantes
A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Lara Meneses, e o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, visitaron o Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”, impulsado polo Concello do Porriño en colaboración coa Xunta no marco da campaña “O teu mellor verán”.  O obxectivo deste campus é destacar a biodiversidade e o gran valor medioambiental das Gándaras de Budiño.
primeira-fase-licitacion-humanizacion-pio-xii-porrino-02.jpg
O Porriño licita a primeira fase de humanización da contorna do Centro Social e Pío XII
O Concello do Porriño dá un paso máis na humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.