A XVIII edición de Merca na Rúa vén de quedar suspendida. A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, agardaron ata o último minuto para ver se as previsións do tempo melloraban...pero non foi así: esta fin de semana choverá con intensidade o que fará imposible a celebración desta feira do stock na que estaba confirmada a asistencia de 21 comerciantes.
Esta fin de semana celebrase, por fin e se o tempo o permite, a XVIII edición de Merca na Rúa. A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, decidiron suspender a cita prevista, en principio, para os días 10 e 11 de marzo, logo da cadea de borrascas que vén de pasar sobre Galicia.
O Porriño é dende este venres a capital galega do mel, coa celebración da 30ª Feira de Apicultura das Rías Baixas, que este sábado viviu o seu día grande coa inauguración oficial da mesma, no Centro Cultural Municipal.
Os romanos levantaron unha fortaleza defensiva de varias hectáreas no Faro de Budiño un lugar no que, ademais, había un asentamento romano construído, posiblemente, hai uns 1.200 anos.
O Concello recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais.
A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de anunciar que a XVIII edición de ‘Merca na rúa’, finalmente, se celebrará o sábado 7 e domingo 8 de abril.
A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de acordar a suspensión da XVIII edición de ‘Merca na rúa’, que tiña prevista a súa celebración o vindeiro sábado e domingo, días 10 e 11 de marzo.
A Concellería de Medio Ambiente quere mobilizar aos veciños na loita contra a vespa velutina e xa empezou a repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atrainte deste insecto que estarán situados en todas as parroquias do Porriño.
Coa finalidade de informar e concienciar ás veciñas e veciños do Porriño sobre a reciclaxe de residuos e aparellos electrónicos, dende o pasado martes, e durante os días 23, 24, 25, 26, 27 e 30, haberá un posto desta campaña 'O que se enchufa, recíclase' situado na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, no que se dará ás persoas que se acheguen unha breve explicación sobre qué son e onde se poden depositar estes aparellos unha vez deixen de funcionar.
Durante os días 23, 24, 25, 26, 27 e 30 deste mes de xaneiro, o Concello do Porriño, por medio da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Marcelino Coto, súmase á campaña “O que se enchufa recíclase” promovida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Os concelleiros de Medio Ambiente, Marcelino Coto, e de Seguridade, Lourdes Moure, xunto co xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, informaron este luns ás 75 familias da Zona do Contrasto, en Torneiros, que poden estar afectados polo achado de lindano nunha obra de saneamento que se estaba a realizar nesta zona, sobre os resultados das análise feitas en terra polos técnicos da Xunta de Galicia, que ten a competencia no tratamento desta situación.
Os amantes do tapeo teñen unha nova cita co Pinchorriño, a cita gastronómica organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Asociación de Hostaleiros da localidade coa colaboración do Concello.