Comezar o día cun almorzo saudable, variado e equilibrado é clave para afrontalo con enerxía. Por iso, a adquisición de hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos é parte importante da súa educación.
O Concello do Porriño pon en marcha unha segunda edición do seu obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”. Para a súa posta en marcha, a Xunta de Galicia concedeu á entidade local unha subvención de 561.046,6 euros, aos que se sumarán outros 25.000 euros de achega municipal.
O obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”, impulsado polo Concello do Porriño co apoio da Xunta de Galicia, chegou hoxe ao seu fin. A actividade permitiu a formación de 20 persoas desempregadas en dúas especialidades con moita demanda no Porriño e contorna, relacionadas coa cociña e coa atención sociosanitaria a persoas dependentes, que hoxe recibiron os seus diplomas.
O alcalde Alejandro Lorenzo acompañou hoxe ao secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, nunha visita ás instalacións desta oficina situada na rúa Ramiráns
O Concello do Porriño duplicará no 2024 a súa axuda anual á Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual ACEESCA. Así o anunciou hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, no acto de presentación do proxecto da Escola Profesional Aceesca que se celebrou nas súas instalacións no polígono industrial de As Gándaras.
O Concello do Porriño anunciou hoxe a posta en marcha do dun Plan formativo para o presente ano. “Reactivar o servizo municipal de emprego foi dende o principio unha cuestión prioritaria, xa que o é para os porriñeses e porriñesas que se atopan en situación de desemprego”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “O Concello debe ser tamén un motor de creación de emprego no municipio e para iso é necesario apostar pola formación da veciñanza nos eidos que demandan os principais sectores produtivos e tamén acompañalos e asesoralos no proceso de procura de emprego”.
O Concello do Porriño foi hoxe escenario da celebración da primeira promoción do programa de formación dual levado a cabo en Aceesca, unha das entidades pioneiras en Galicia en desenvolver esta iniciativa. “É para nós un orgullo contar no municipio cunha entidade como Aceesca que traballa en favor das persoas con diversidade intelectual nas súas diferentes etapas, dende nenos, pasando por adultos en idade de traballar e tamén maiores”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo quen participou esta mañá no acto celebrado nas instalacións de Aceesca, en Torneiros, no que deu a coñecer o resultado deste proxecto formativo, “o cal lle abre as portas no mercado de traballo a unha decena de persoas formadas e cualificadas. Dende o Concello aplaudimos iniciativas como estas, as cales apoiaremos sempre e tamén dende a administración local levaremos a cabo diversas accións de emprego e formación para todos os colectivos”
45 porriñesas participaron xa no programa de formación para a dixitalización das mulleres “Galegas Dixitais”. A segunda quenda desta acción formativa, que se iniciara o pasado mes de novembro, finalizou esta semana e, tras o éxito obtido e a gran demanda, porase en marcha unha terceira edición para que as interesadas en participar que aínda non puideron facelo non perdan esta oportunidade.