Lourdes Moure, concelleira de Educacion e Seguridade explicou ós alumnos e alumnas do IES “Ribeira do Louro” que o seu departamento “daría por ben empregado o tempo e o esforzo que estamos a poner na realización destes cursos de primeiros auxilios co que foses quén de salvar unha vida nunha situación de emerxencia”.
159 alumnos do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” reciben un curso de primeiros auxilios de nivel básico impartido por persoal do 061. Trátase dunha iniciativa formativa que promove o Concello de O Porriño, a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.
O martes 3 de decembro ás 11 horas realizaráse a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade, covoncada por “Aceesca” e o Concello de O Porriño. A comitiva sairá desde a praza do Concello e regresará á mesma despois dun percorrido polas rúas de Porriño.
O vindeiro martes 3 de decembro, Porriño súma á iniciativa solidaria #GivingTuesday (Martes para Dar). Esta foi unha das propostas aprobadas polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro e organizado pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello.
Lourdes Moure, concelleira de Facenda do goberno municipal explicou nunha ampla comparecencia no pleno da Corporación celebrado onte, a operación de renting realizada para renovar o parque móbil municipal e tamén a adquisición de locais para unha aula da UNED e para oficinas de Servizos Sociais.
A infancia de O Porriño participou hoxe, a través de dez alumnos e alumnas de cinco centros docentes da vila, no VII Foro de Participación Infantil de Galicia que se celebrou Parlamento Autonómico.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Este martes 19 de novembro terá lugar unha actividade concertada cos centros de ESO de O Porriño para a prevención das violencias sexuais. Será a partir das 10:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural.
O pleno infantil de O Porriño aprobou hoxe por unanimidade que o Concello organice unha recollida de alimentos para repartir entre as famílias da vila con menos recursos.Realizaráse o vindeiro 3 de decembro co gallo do #GivingTuesday (martes para dar) celebrando a acción de dar. Xa sexan alimentos, carros, obxectos de segunda mán ou tempo.A proposta aprobada polo pleno infantil determina que o 3 de decembro se faga unha recollida de alimentos en todos os centros escolares así como nos locais municipais.
O Concello de O Porriño celebrará mañá venres 15 un novo pleno infantil co gallo de conmemorarse o trixésimo aniversario da Convención dos Dereitos do Neno. O pleno comezará ás 10,30 horas, no salón de sesión do consistorio, con asistencia de nenos e nenas representando a todos os centros educativos do concello. A sesión estará presidida pola alcaldesa, Eva García y pola concelleira de Educación, Lourdes Moure.