391adf66-d4bb-4e14-a12d-ed55860c2c1f.jpg
O edificio consistorial, alumeado en rosa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama
O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Por este motivo, este martes, á noitiña, o edificio do Concello do Porriño ten unha iluminación especial en rosa claro, tanto na fachada principal como na lateral.
Concello-Porrino-iluminado-en-morado-por-25N-con-texto-manifiesto.jpg
O Concello terá unha iluminación especial en catro datas inminentes de conmemoracións
O edificio do Concello terá unha iluminación especial en catro datas conmemorativas nas próximas semanas. A OMIX do Porriño, xunto coa Concellería de Educación e a de Igualdade e Cultura, anunciaron estas accións reivindicativas para estas catro datas: o 19 de outubro, Día Mundial contra o cancro de mama; 24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático; o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
PHOTO-2021-10-05-17-23-09.jpg
A actividade "O Pintamuros 2.0" comeza nos colexios do Porriño
A actividade "Pintamuros 2.0", promovida pola OMIX de Porriño e a Concellería de Educación dirixida por Lourdes Moure, comezou esta semana.
IMG_2649.jpg
O Concello apoia a candidatura do neno porriñés Lucas Giráldez Fernandes aos premios da "Fundación Romper Barreras"
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure recibiron esta mañá no Concello a Lucas Giráldez Fernandes, un rapaz porriñés de 13 anos que opta aos premios nacionais da "Fundación Romper Barreras". Lucas é a única persoa porriñesa candidata a estes galardóns que premian a mellora entre persoas con capacidades diversas, a través da tecnoloxía da comunicación.
Lourdes-Moure-visita-Creactivity.jpg
A concelleira de Educación visitou o autobús "Creactivity", un espazo para promover o enxeño de nenos e adultos
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa "Fundación La Caixa", organizan a actividade "Creactivity" que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consiste en obradoiros que se realizan en colaboración cos centros educativos do municipio.
autobus-creactivity.jpg
Chega ao Porriño "Creactivity", un espazo para promover o enxeño
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa "Fundación La Caixa", convidan a participar na actividade "Creactivity" que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consistirá en obradoiros que se realizaran polos centros educativos do municipio.Os días 15, 16 e 17 de setembro en horario de mañá para o alumnado de Primaria e de 1º e 2º da ESO, previa inscrición por parte de cada colexio e instituto.Polas tardes, estes obradoiros permanecerán abertos para o público en xeral.
PHOTO-2021-09-09-13-24-16.jpg
A concelleira de Educación visitou o CEIP "Fernández López" no primeiro día do curso 2021/2022
Lourdes Moure, concelleira de Educación asistiu ao colexio "Fernández López" con motivo do primeiro día do curso 2021/2022 que comezou hoxe en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial.
Escola-Municipal-de-Musica-matricula-2021_2022-1024x538-1.jpg
A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2021/22
Dende o martes 14 ata o venres 17 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 horas, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.
CEIP-Fernandez-Lopez.jpg
A alcaldesa manifesta "a satisfacción do Concello" polos compromisos da Xunta para os arranxos no IES Pino Manso e no CEIP Fernández López
A alcaldesa Eva García manifestou "a satisfacción do Concello polos compromisos adquiridos pola Consellería de Educación” para arranxar centros de ensino do municipio,  que “agardo que sexa un sinal dun cambio de actitude da Xunta de Galicia cara ao Porriño e que esa atención ás nosas necesidades non remate aquí", declarou hoxe a rexedora.
OMIX-Porrino.jpg
Mozos e mozas porriñeses participarán nunha avaliación sobre o cumprimento da Convención dos Dereitos do Neno
Mozos e mozas que integran o Consello da Infancia e da Adolescencia do Porriño participarán ao longo do mes de setembro en diferentes grupos focais que traballaran nunha avaliación sobre o grao de cumprimento da Convención dos Dereitos do Neno por parte das institucións do noso país.Segundo informan a Oficina Municipal de Información á Xuventude, OMIX do Porriño e a Concellería de Educación, os representantes porriñeses abordarán temas de igualdade de xénero, violencia, educación, saúde e benestar, a través do traballo de debate nos grupos de participación. Os rapaces e rapazas porriñesas participarán na elaboración dun informe sobre diversos asuntos de actualidade que entregarán ao Comité de Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. Coas conclusións e propostas, os grupos focais, compostos a súa vez por nenas e nenos de todo o país, elaborarán o informe final para o Comité dos Dereitos do Neno. Este informe serviralle ao Comité para avaliar se o estado español está a facer todo o posible para respectar a Convención dos Dereitos do Neno da que forma parte.
Reunion-telematica-Consellos-Infancia-Porrino-Redondela-e-Tomino.png
Os Consellos da Infancia e Adolescencia dos concellos do Porriño, Redondela e Tomiño condearon a morte violenta de Samuel Luiz
Os nenos e nenas que forman os Consellos da Infancia e Adolescencia dos concellos do Porriño, Redondela e Tomiño condearon a agresión e morte do mozo Samuel Luiz, vítima dunha malleira. Na sesión conxunta telemática que mantiveron os compoñentes destes tres consellos, os nenos participantes amosaron a súa preocupación pola “LGTBI fobia” existente na sociedade.
IMG_20210625_194720.jpg
Edgar Costas galardoado co IV Premio Roberto Vidal Bolaño, entregado no Porriño
Edgar Costas Sanmartín recibiu o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, instituído polo Concello do Porriño e organizado polo IES "Ribeira do Louro" e por Editorial Galaxia. O acto de entrega do galardón desenvolveuse no salón de actos do instituto porriñés. A obra do autor galardoado titulase "Casa de feras", segundo o fallo ao que deu lectura a profesora Raquel Castro, secretaria permanente do xurado. Francisco Castro, director xeral de "Editorial Galaxia" entregou o galardón e o diploma acreditativo.