Na seguinte ligazón podedes descargar a listaxe completa de admitidos/as nas diferentes quendas do Campamento de Verán 2023 do Concello do Porriño: https://oporrino.org/documentos/listaxe-admitidos-as-no-campamento-de-veran-2023/
Hoxe inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición "Fai que suba a marea. Doa", un traballo levado a cabo polo alumnado do IES Ribeira do Louro dentro do programa "Salvavidas" da Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e que poderá visitarse na planta baixa das dependencias dos edificios administrativos de San Lázaro.
Hoxe inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición "Fai que suba a marea. Doa", un traballo levado a cabo polo alumnado do IES Ribeira do Louro dentro do programa "Salvavidas" da Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e que poderá visitarse na planta baixa das dependencias dos edificios administrativos de San Lázaro.
O Centro Cultural Municipal acolleu hoxe a presentación de Lume, a obra de José Luis Baños de Cos que resultou gañadora do certame de textos de teatro xuvenil Roberto Vidal Bolaño na súa quinta edición.
A concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño están a desenvolver un Programa de Intervencións asistidas con Cans para o alumnado con NEAE do centro educativo ACEESCA.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación e a OMIX, está a desenvolver nos centros educativos os obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia “Ladrando ladrando a clase pasa voando”.
O Concello do Porriño formalizou hoxe as súas primeiras axudas municipais directas para a posta en marcha dun servizo de vital importancia para as familias: a implantación de Aula Madruga nos colexios.
Preto de 150 nenos e nenas do Porriño participan estes días na actividade "Coa comida si se xoga", impulsada polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación, que dirixe Carolina González, e a OMIX.
Máis de 300 mozos e mozas do Porriño reuníronse hoxe aos pés da casa consistorial para render tributo a Rosalía de Castro, unha muller referente non só na literatura galega senón tamén do feminismo e compromiso coas causas sociais.
O pasado 15 de febreiro, o persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño participou nas Xornadas de orientación laboral organizadas pola Universidade de Vigo.
A praza Arquitecto Antonio Palacios converteuse hoxe nun enorme estudio de radio cos nenos e nenas do Porriño aos micrófonos. A concellería de Educación, que dirixe Carolina González, a través da OMIX, conmemorou o Día Internacional da Radio da man SI Radio cun programa en directo no que participaron os centros educativos do municipio.