A representación municipal do Concello de O Porriño, formada
polos concelleiros do equipo de goberno Lourdes Moure e Orlando Marquez co
apoio inestimable do profesor Amador Ordoñez, foi recibida no edificio
consistorial de Vrgorac onde selaron o acordo de irmandamento con esa vila
croata da rexión de Split-Dalmacia.
Nas fotografías remitidas mirase a reunión celebrada no
concello desa localidade e o posterior encontro celebrado no instituto local
para o intercambio de escolares. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo
coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de estudantes que está a
realizarse. De feito, 16 mozos franceses chegarán a Porriño o vindeiro 14 de
abril e ata o día 20, en devolución da visita feita por outros tantos alumnos
porriñeses do IES Ribeira do Louro o ano pasado.

Estas iniciativas de irmandamento de Porriño coas outras
vilas producense baixo a declaración de “Cidade Amiga da Infancia” que este
concello recibiu de UNICEF no pasado mes de novembro.
Vrgorac é unha vila de orixe medieval que tén algo máis de 6.500
habitantes. Petar, un mozo de Vrgorac fue fora alumno de “Erasmus” del profesor
Amador Ordóñez no IES “Ribeira do Louro” foi quén de plantexar a posibilidade
do intercambio con Porriño que deu lugar a este irmandamento que se materializa
con esta viaxe.