A proxección da película ‘ Hotel Transylvania 2’, que estaba programada para este xoves, día 6 de xullo, ás 10 e media da noite, na Praza de Antonio Palacios, ven de quedar aprazada por mor das condicións climatolóxicas.
As Festas de San Benito, que se desenrolarán o vindeiro domingo, día 9 de xullo, luns, día 10 e martes, día 11, abranguen un completo programa de actuacións musicais e actos relixiosos, todo programado pola Comisión de Festas de San Benito, coa colaboración do Concello do Porriño.
Dende este luns, día 3 de xullo, están en marcha os Campamentos de Verán organizados pola Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que fai posible que, ano tras ano sexan unha realidade.
As persoas interesadas en participar en Porrigalia 2017, que se celebra no Porriño, organizada polo Concello, os días 21,22 e 23 de xullo, xa poden entrar no portal web porrigalia.gal e inscribirse dentro dos ‘Gremios’ que estarán presentes na festa; integrar as Comparsas que desfilarán na mesma ou solicitar un dos postos que se abrirán nela.
O concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, supervisou a colocación dos primeiros paneis explicativos que xa están diante de varios dos elementos culturais máis importantes do Porriño.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiu este venres á inauguración do poema visual ‘Azabache’, do poeta e dramaturgo vigués David Fernández, poema que está xa na fachada da Piscina Municipal.
Este domingo, día 11 de xuño, O Porriño será o escenario, por quinto ano consecutivo, dunha nova edición do Mercado Saudable, como lembra o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto quen, xunto coa presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, ‘Mensa’ Rodríguez, o membro desta asociación, Demetrio Calvo, e organizador, Carlos Rodríguez, presentou o mesmo o pasado mércores.
Dende este sábado, día 4, la Praza do Cristo, animación la rúa, o pregón de Quico Paz Antón,maridaxes, show cooking, Mini Pan para nenos...e ¡pan, moito pan! o incomparable Pan do Porriño