selección-republica-dominicana-de-balonmano-femenino.jpg
ESTE SERÁN PARTIDO AMISTOSO ENTRE A SELECCIÓN FEMININA DA REPUBLICA DOMINICANA E O BALONMAN PORRIÑO
Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na Residencia Cemar. Estárán ata o 16 de xullo para preparar a súa participación nos Xogos Panamericanos que terán lugar a finais de mes no Perú. Na súa estadía e concentración en Mondariz está a colaborar o club Balonmán Porriño.
Banner-OPORRINO-2019-XULLO.jpg
Programación cultural Xullo 2019: hoxe lectura dramatizada, mañá animación infantil e o venres, concerto musical
Este serán terá lugar unha sesión de lectura dramatizada da obra "Arquivos da Realidade", de Julio Fer e Francisco Oti. No escenario habilitado na praza do Concello, a partir das 21 horas. A cargo da escola de teatro Xerpo, dirixida por Irene Moreira.
IMG_6919.jpg
O presidente da Federación Galega de Baloncesto visitou á Alcaldesa co gallo do campus do "PBB"
Paco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto pasou hoxe pola Alcaldía a saudar a Eva García e reiterar a colaboración dese estamento con Porriño. O presidente atopábase na cidade co gallo do Campus do "Porriño Baloncesto Base". Ó encontro sumaronse David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo. Pasaron revista ás liñas actuais de colaboración e ás que nun futuro poderían manterse entre Federación Galega de Baloncesto e Concello do Porriño.
Convite-Premio-Roberto-Vidal-Bolaño-1.jpg
Entrega da segunda edición do Premio Roberto Vidal Bolaño
O Concello de Porriño lembra que este sábado 29 terá lugar a
As-Aguiñas-Xuño2019.png
O Club Atletismo Porriño fará coincidir o domingo a XIV Carreira de Xóvenes Atletas co Memorial "As Agüíñas Diego Salgueiriño"
O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial "As Agüiñas Diego Salgueiriño".
IMG_6775.jpg
Unha comitiva municipal agradece ó Comandante Naval de Tui a colaboración no pasado Triatlón Concello do Porriño e visita ás obras de arranxo da pista deportiva do CEIP de Atios
Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa Eva García realizou unha visita á Comandancia Naval de Tui para agradecer ó seu máximo responsable, o capitán de corbeta Ignacio Tobarra, a colaboración inestimable da Armada no pasado Triatlón Concello do Porriño.
PHOTO-2019-06-26-19-49-23.jpg
236 nen@s participan no XXI Campus do club "Porriño Baloncesto Base"
236 NENOS E NENAS PARTICIPAN NA XXI EDICIÓN DO CAMPUS DO CLUB “PORRIÑO
Porriño-Baloncesto-Base-escudo.jpg
O club Porriño Baloncesto Base celebra a XXI edición do seu campus
Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
Photocall-350x300-cm-01.jpg
Porriño volverá a disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas"
Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da "Challenge Rías Baixas" que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club "Master da Louriña" cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e "master", homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.
porriño-ecultura-logo.jpg
O Festival de Combos trasladase ó Centro Cultural Municipal polo risco de choiva
O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza
Choripan-foto.jpg
A Festa do Chouripan e a fogueira de San Xoán manteñense o domingo na praza de San Sebastián
Por outra banda, o departamento de Cultura confirmou que a XI Festa do Chouripan que organiza a AAVV San Benito e San Sebastián mantense o domingo 23 na ubicación anunciada na praza de San Sebastián, a partir das 19,30 horas. Venderase o tradicional chouripán a un prezo de 3 € coa bebida incluída.E a medianoite faráse a fogueira de San Xoán.