9c3d569d-7823-4525-9923-d72a373f53cc.jpg
O goberno municipal acada respaldo do pleno para iniciar a contratación do servizo de recollida do lixo e xestión do Punto Limpo
O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello.
PHOTO-2020-08-25-08-10-45.jpg
Novo éxito de Carla Guisande proclamándose subcampiona de España de triatlón sprint
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Deportes que dirixe David Alonso quere amosar a súa felicitación a triatleta porriñesa Carla Guisande que ven de proclamarase subcampiona de España na modalidade Triatlón Sprint, nas probas celebradas en Pontevedra.
PHOTO-2020-08-25-15-24-50-1.jpg
A alcaldesa Eva García pondera o esforzo do Festival de Cans para manter a sua celebración fronte ás adversidades"
A alcaldesa de O Porriño, Eva García definiu a inminente celebración do Festival de Cans coma “o triunfo da vontade fronte ás adversidades”. Durante a súa intervención na presentación da vindeira edición do certame que mudou a setembro por mor do estado de alarma, a alcaldesa porriñesa suliñou que “é moi importante acadar que o Festival se celebre cun notable esforzo para manter unha programación de primeira orde e que se faga axeitada aos protocolos anti-covid, é moi digno de mención e recoñecemento” manifestou Eva García.
B46B1954.jpg
O Festival Sons da Canteira mixturará modernidade artística nun entorno natural que reflexa a historia industrial galega
A alcaldesa Eva García presidiu hoxe a presentación en roda de prensa do primeiro Festival Sons da Canteira que se celebrará no Porriño o sábado 29 de agosto. Un evento artístico que recolle unha mostra varíada da música contemporánea galega nun entorno natural, unha canteira en restauración en Vilafria (Atios) que semella un anfiteatro de pedra. “Un escenario espectacular que funde a modernidade da proposta musical co protagonismo na historia recente da industria galega que significan as canteiras do Porriño”, segundo definiu a alcaldesa.
PHOTO-2020-08-21-09-43-28.jpg
O “Louriña Cycling Team", o novo equipo ciclista do Porriño estrease ao grande nos Campeonatos de España de contra reloxo e fondo en estrada
Sonia Parente e Uxía Fernández, dúas ciclistas do “Louriña Cycling Team”  fixeron a estrea do novo equipo ciclista porriñés que está a participar dende hoxe e ata o domingo 24, nos Campeonatos de España contra reloxo e de fondo en estrada que se celebran en Jaén.
Cartel_Sons_da_Canteira.jpg
Vídeo resumo da presentación do Festival "Sons da Canteira"
Deixamos un vídeo cun resumo das intervencións de Cami Moreira, concelleira de Cultura, Adrián Fragueiro, promotor do festival e maís Eva García, alcaldesa do Porriño, na roda de prensa de presentación deste evento que terá lugar o vindeiro 29 de agosto. 
David-Alonso-en-cabina-anti-covid.jpg
Ponse a proba no Multiusos de Torneiros unha cabina anti-covid desarrollada por unha empresa do Porriño
Esta semana, na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros, está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.
Cartel_Sons_da_Canteira.jpg
A Concellería de Cultura anuncia o Festival "Sons da canteira" que terá lugar en Vilafría
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, anuncia a celebración do festival musical “Sons da Canteira” que terá lugar o sábado 29 de agosto, no espazo en restauración que ocupou a canteira de Vilafría.
boton_deportes.jpg
Tres deportistas porriñeses premiados na Gran Gala do Deporte da área de Vigo
Jorge Punzón, Carla Guisande e Yago Martínez foron os tres deportistas porriñeses galardoados onte na XXIª Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celebrada nos xardíns do Pazo de Castrelos. Os méritos dos tres durante a pasada campaña motivaron os premios que recibiron. Dase a circunstancia de que os tres foran recoñecidos polo Concello do Porriño meses antes.
IMG-20200731-WA0000-1.jpg
Concello e Deputación apoian unha función de teatro musical familiar no "CRC"
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Cami Moreira informa da celebración desta sesión de teatro musical familiar que terá lugar no Circulo Recreativo Cultural do Porriño, o vindeiro sábado 8. A partir das 20 horas.
Alberto-Abalde-con-David-Alonso-en-Porriño.jpg
Alberto Abalde elixe O Porriño para poñerse en forma antes de incorporarse ao Real Madrid
O baloncestista galego Alberto Abalde elixiu O Porriño para realizar un traballo de preparación previo a súa incorporación ao Real Madrid. Dende onte, no Polideportivo Municipal, Abalde, xunto co seu adestrador persoal, realiza diversas sesións de exercícios de mantemento e tandas de tiros a canasta.
Banner-oporrino_org_XUNO-2020-2.jpg
A programación cultural "para un tempo novo" chega este sábado a Chenlo e Carracido
A Concellería de Cultura anuncia para esta fin de semana que a “programación para un tempo novo” chegará a Chenlo e Carracido con sendas propostas de cinema na rúa e monólogos.