Esta tarde, entre as 17:00 e as 20:00 h. terán lugar os obradoiros de Nadal. Desenvolveranse no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal, baixo carpa.
O departamento de Cultura lembra que segue aberto ata o luns 21 o prazo de inscrición nas distintas actividades da Programación de Nadal, organizada polo Concello do Porriño.
Cento noventa alumnos dos institutos porriñeses “Ribeira do Louro” e “Pino Manso” participaron hoxe nunha acción da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño sobre o “Carné Xove”.A concelleira de Cultura e Xuventude, Cami Moreira asistiu á sesión. Recomendoulles aos mozos e mozas que acaden o “Carné Xove” porque “é unha ferramenta moi útil e necesaria para moitas prestacións e servizos”.
O goberno municipal porriñés, á vista da melloría que reflicten os datos de contaxios e incidencia da pandemia, decidiu aliviar algunhas das restricións existentes. Hoxe o SERGAS comunicou que no Porriño os novos contaxios baixaron a 39 casos activos aínda que seguimos cunha incidencia acumulada de máis de 150 e menos de 250.
A casa consistorial do Concello do Porriño luce esta noite en verde coa iluminación artística realizada coa ocasión de conmemorarse o 3 de decembro o Día das Persoas con Discapacidade. Con este motivo, a consistorio tamén lucía desde onte, no balcón principal unha lona realizada polas persoas usuarias de ACEESCA
Na programación deste Nadal 2020 condicionada e limitada pola Covid, a Concellería de Festas ven de habilitar un sistema de vídeo-chamada por "Whatsapp", a demanda, para que os Reis Magos poidan falar cos nenos e nenas do Porriño que o desexen.
A casa consistorial do Concello do Porriño, luce desde hoxe unha lona realizada polas persoas usuarias de ACEESCA coa ocasión de conmemorarse o 3 de decembro o Día das Persoas con Discapacidade. Con este motivo, mañá iluminaremos a fachada do concello en verde.
O Concello do Porriño rendeu hoxe unha recepción de recoñecemento aos membros do Club Ximnasia do Porriño encabezados polo infantil Hernán Sío que ven de proclamarse subcampión de España de ximnasia rítmica, na proba celebrada en Valencia,