Bases da convocatoria de premios ás comparsas participantes no Entroido do Porriño 2019

A Concellería de Festas do Concello do Porriño convoca o

tradicional desfile de comparsas, dentro do programa de actividades do Entroido

2019.

As presentes bases rexerán a concesión de premios ás

comparsas por participación nos desfiles programados polo Concello.

REQUISITOS XERAIS:

a) Participantes.-

Poderán optar aos premios establecidos nas presentes bases,

todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 10 compoñentes, e poderán

inscribirse en dúas modalidades:

Infantil: ata 12 anos.

Adultos: a partir de 13 anos en adiante.

O maior número de compoñentes por idades definirá a

clasificación da comparsa na categoría infantil ou adultos.

Cada asociación ou colectivo únicamente poderá presentar

unha comparsa en cada unha das modalidades.

b) Inscricións:

As inscricións deberán presentarse no Rexistro Xeral do

Concello en impreso normalizado para esta finalidade, e achegarán a seguinte documentación

de carácter obrigator

c) Prazo de inscrición:

As asociacións e colectivos participantes poderán inscribir

as súas comparsas no Rexistro Xeral do Concello, no impreso normalizado que se

achega ás bases, dende o luns día 11 de febreiro ata o mércores 20 de febreiro

do 2019, ambos inclusive.

d) Importe dos premios a repartir:

A cantidade máxima destinada a premios de participación,

para ambas modalidades no entroido establécese en 13.950 euros con cargo ao

vixente orzamento municipal, aplicación orzamentaria 334.4800010 (RC Nº 249).

O importe dos premios determinaráse según o número de compoñentes

da comparsa seguindo este desglose:

ADULTOS:

de 10 a 19 compoñentes………………….. 300 €

de 20 a 39 compoñentes………………….. 550 €

de 40 a 59 compoñentes …………………. 850 €

de 60 compoñentes en adiante……….. 1.000 €

INFANTIL:

Repetiráse a mesma estrutura.

O importe máximo establecido de 13.950 euros, repartiráse

ata acadar esta cifra e seguindo rigurosamente a orde de inscrición.

Aquelas comparsas que desexen participar no Entroido fóra

deste orzamento, poderán inscribirse pero sen opción a premio por participación.

e) Orde de participación:

Nos desfiles participarán en primeiro lugar as comparsas

inscritas na categoría Infantil seguidas das comparsas de adultos e según a

orde de inscrición no concurso.

Cada comparsa deberá levar un cartel que indicará o seu

nome, o lugar que ocupa no desfile e o número de compoñentes.

f) Obrigas das comparsas:

As comparsas que aspiren ao premio de participación teñen a

obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do sábado e martes de entroido,

e no acompañamento do enterro da sardiña o mércores de cinza.

g) Percorrido nos desfiles:

Os desfiles celebraránse nas datas e horarios sinalados no

programa de festas do entroido.

Sábado: Partirá da rúa Antonio Palacios, desprazándose por Domingo

Bueno, Praza San Sebastián e rematará na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Martes: Partirá da praza San Sebastián e rematará na Praza Arquitecto

Antonio Palacios.

Enterro da sardiña: As comparsas participarán no

acompañamento da sardiña co seguinte percorrido: Saída do Círculo Recreativo

Cultural, continuando pola rúa Domingo Bueno, baixada pola fonte de San Sebastián

seguindo por Manuel Rodríguez ata o Concello onde se procederá á lectura do

testamento. De seguido rúa Peña e rematará perto do albergue de peregrinos

(Paseo do Louro) onde se procederá á incineración.

O velorio terá lugar nas instalacións do Círculo Recreativo

Cultural en horario de 17.00 horas ata ás 19.00 horas.

O testamento da sardiña será redactado polas comparsas pero

sen carácter obrigatorio. Aquelas que desexen participar no testamento deberán presentalo

no Centro cultural municipal en sobre pechado e dirixido á Concellería de

Festexos, dende o luns día 11 de febreiro ata o mércores 20 de febreiro do

2019, ambos inclusive, en horario de 9.00 h. ata ás 14.00 h.

Estes percorridos e horarios poden ser obxecto de variación

por causas meteorolóxicas.

h) Comité de observación e valoración de premios:

Este comité será nomeado mediante resolución da Alcaldía e

terá competencias para a valoración das inscricións realizadas polas asociacións

ou colectivos, cumprimento da documentación esixida según as presentes bases,

desenvolvemento dos desfiles, descalificacións e asignacións dos premios según

n.º de compoñentes, emitindo proposta de concesión de premios que será resolta

por resolución da Alcaldía.

Estará formado por n.º impar de membros no que se incluirá, cando

menos, un representante da Policía Local, un representante do departamento de Cultura

e un representante da Concellería de Festas.

A participación supón a plena aceptación do disposto nas presentes bases e o incumprimento de calquera das cláusulas dará lugar á perda do dereito de optar aos premios de participación.