Esta tarde celebraráse o "Wiki-Maratón" a partir das 16 horas e ata as 20 horas.Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reunense para crear ou mellorar artigos usado fontes previamente recopiladas.
Por outra banda, mañá día 5 comezará o Obradoiro de Ciencia para escolares que terá lugar os martes e xoves de novembro.Trátase dunha actividade concertada cos centros escolares de O Porriño que se imparte martes e xoves de novembro en horario matinal de 11,15 a 12,45 horas.Este Obradoiro de divulgación científica realizase con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.A Biblioteca Municipal do Porriño para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia e para levar a cabo este curso de ciencia para escolares.Dende o 2014 celebrase cada novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun manifesto que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018), foi a encargada de escribir o manifiesto deste ano. A científica resalta a importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público”.
