O Porriño, 4 de agosto de 2025.- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, vén de asinar co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, un convenio de colaboración que permitirá facer realidade un dos proxectos máis ambiciosos da actual lexislatura: a creación dun novo espazo público na contorna da rúa Pío XII e do Centro de Saúde, cun investimento que supera os 2 millóns de euros.
O Porriño, 15 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño leva a cabo un conxunto de actuacións de mellora de infraestruturas nas parroquias de Torneiros, Mosende, Atios e no barrio de Carracido, por un importe total de 153.520,62 euros, financiado integramente pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia 2024 e 2025. As obras inclúen a pavimentación de varios camiños municipais e a execución dunha nova rede de saneamento na Travesía de Novás.
O proxecto, valorado en máis de 78.000 euros e financiado pola Deputación de Pontevedra, inclúe melloras no firme dos camiños e a execución dunha cuneta de drenaxe.
O Porriño, 24 de xuño de 2025.- O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación no que presentou a nova edición do Día do Porriño Orgulloso e anunciou novas actuacións en materia de saneamento nas parroquias, cun investimento continuado e comprometido coa mellora da calidade de vida da veciñanza.
O Porriño, 18 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño informa de que, debido á execución dunha nova fase das obras de renovación e mellora do entorno do Templete de San Luis e do acceso ao cemiterio municipal, procederase ao corte dun carril na rúa Domingo Bueno, á altura do Templete, a partir de hoxe e durante aproximadamente unha semana.
• Unha obra que levará o saneamento a vivendas que carecían deste servizo básico e responde ao compromiso do Concello coa igualdade de servizos no rural
As obras contan cun orzamento de 100.093,20 € e buscan resolver o mal estado destes camiños municipais, mellorando a seguridade viaria e a calidade dos accesos
O investimento total, que supera os 340.000 euros, está financiado con remanente de tesourería mediante un crédito extraordinario aprobado polo Pleno municipal.