O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.
Goberno municipal e os representantes sindicais da plantilla de traballadores do Concello do Porriño subscribiron hoxe un acordo para a progresiva reincorporación de funcionarios e demais persoal a partir do vindeiro luns 25 de maio. A negociación rematou hoxe coa firmado do acordo que subscribiu Lourdes Moure, concelleira de Persoal, no nome do goberno municipal, e os delegados da xunta de persoal do Concello. O documento establece o proceso de reincorporación por etapas que xa está a realizarse dende esta semana e que a partires do vindeiro luns 25 suporá a reincorporación da meirande parte da plantilla. Estarán exceptuados o persoal pertencente aos colectivos vulnerables e aqueles suxeitos a a algún dos supostos de conciliación. Tamén a partires do vindeiro día 25, restablecerase a atención persoal en cada un dos departamentos e negociados sempre con cita previa e cando non sexa posible resolver por teléfono ou vía telemática. Para solicitar atención personalizada perante cita previa, compre que se teñan en conta os seguintes teléfonos:-para Servizos Sociais, pedir cita no número 986 334621-para a Unidade de Atención a Drogo dependentes (UAD), no 986 330861 -para a Policía Local, no 620 40 40 40-para todos o demais servizos, a través de centraliña no número 986 33 5000O acordo firmado hoxe tamén determina que a unidade de Persoal do Concello facilitará aos traballadores o material de protección (máscaras, luvas e mamparas) que sexan necesarios e que ademais a disposición de mesas e cadeiras de traballo estarán redistribuídas para gardar a distancia de seguridade (2 metros) entre cada posto de traballo. A tal fin, o Concello aplica as recomendacións da auditoría realizada pola firma "Cualtys" que supervisa o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene no traballo.
O Consorcio de Augas do Louro, que preside a alcaldesa do Porriño, acomete a reparación da Ponte Romana. O Consorcio ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana.
Na seguinte galería de hoxe pódese ver o edificio consistorial coas bandeiras a media asta polo loito oficial decretado en Galicia pola Xunta en memoria das vítimas do "Covid-19".Tamén aprécianse diversas imaxes urbanas entre as que destacan alguns establecementos comerciais abertos e outros que aínda permanecen pechados agardando polas seguintes fases da desescalada.
O Concello do Porriño aprobará, co acordo unánime de todos os grupos políticos da Corporación, a desafección das antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais.
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio da parada dos buses escolares e outras actuacións complementarias de humanización. A adxudicataria dispon ata xuño para realizar ditas obras.
O Concello do Porriño ven de acometer diversas melloras na parroquia de Atios en viais e saneamento que se executan con medios propios e baixo a dirección da concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure.
As Festas de San Blas, no Torreiro da Forna, en Budiño que empezan este venres 31, celebraranse por primeira vez cos baños da Casa Cultural conectados á rede de saneamento.
A Concellería de Vías e Obras remite a partir desta semana unha convocatoria a todas as asociacións de veciños de todas as parroquias do concello para celebrar o vindeiro xoves 16, ás 20 horas, unha reunión no salón de plenos do Concello. A temática a abordar será que cada unha das AAVV manifesten as súas necesidades en materia de: bacheo, asfaltado e saneamento.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Pedro Pereira, concelleiro de Infraestructuras mantivo hoxe reunións coa Xunta de Galicia e logo cos veciños de A Vaquería para revisar como vai o proxecto de mellora da seguridade viaria nesa travesía da estrada PO 510 ó seu paso por Budiño.