Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
Goberno municipal e panadeiros do Porriño valoraron hoxe a posibilidade de realizar no mes de outubro, unha Mostra do Pan que palie a suspensión da quinta Feira anual, cancelada pola pandemia do Covid-19.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
Cami Moreira, concelleira de Cultura asistirá hoxe en Compostela a unha reunión convocada polo titular da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que chamou a representates de todos os concellos vencellados co Camiño de Santiago.
A Alcaldesa Eva García manifestou hoxe a súa “satisfacción polo protagonismo que vai ter O Porriño na proposta de rutas turísticas do primeiro reino medieval de Europa que se presentou onte en FITUR. Tratase do primeiro producto turístico que propón o Xeo destino “Ría de Vigo e Baixo Miño” do que forma parte O Porriño xunto con outros trece concellos da contorna.
A Alcaldesa, Eva García de la Torre e o concelleiro de Turismo, David Alonso viaxan este mércores a Madrid para asistir á presentación en FITUR do Xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño” do que O Porriño forma parte xunto con trece concellos máis.
Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o "Pinchorriño", segundo os cálculos da asociación comercial "ACIPOR", organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.
Os panadeiros porriñeses Luis Miguel Iglesias Lago, de ”Amaquía” e Jose Manuel Fernández Grova, de “O Forno de Mosende” recibiron hoxe unha placa en recoñecemento o seu traballo a prol do pan de Porriño.
A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Hostaleiros participantes, a asociación patronal "ACIPOR" como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten "excelentes sensacións" despois do primeiro fin de semana do "Pinchorriño". Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía.