O Concello do Porriño, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, organiza as Xornadas de Eficiencia Enerxética no Centro Cultural Alba de Torneiros, o vindeiro mércores 12 ás 18:30 horas.
O vindeiro 5 de xuño comezará o servicio directo e itinerante do Concello para as parroquias do Porriño a través dunha autocaravana, que estará cada mércores de 9:00 a 13:00 nunha das parroquias para acercar os servicios aos cidadáns e proporcionar unha atención directa. “Trátase dun servicio pioneiro en España co que reafirmamos o noso compromiso coa cercanía e a atención directo á nosa veciñanza”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Atendendo á demanda do CD San Salvador de Budiño e dos usuarios e usuarias do campo de fútbol de Budiño, o Concello do Porriño acometeu melloras na cantina do campo das Reloas.
O escritor Arístides Carrera, en colaboración co Concello do Porriño, presenta o seu libro “Cans”, no que recolle os nomes dos lugares, patrimonio e historia desta parroquia porriñesa.
O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Vías e Obras está a desenvolver melloras en varios centros, co fin de acondicionar estas instalacións nas que se desenvolven moitas das actividades culturais, deportivas e recreativas das parroquias.
O Concello do Porriño deu hoxe un paso importante na humanización do seu centro urbano dotando de partida orzamentaria un dos proxectos urbanísticos de maior impacto: a humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.
A Xunta licitou hoxe as obras dunha nova senda peonil en Budiño, na Vaquería, que comezará a construírse no verán cun investimento de máis de 250.000 euros.
A rede municipal de saneamento do Porriño conecta novas vivendas na parroquia de Cans. Trátase concretamente do núcleo de A Droza, no que se están a executar as obras de mellora do saneamento de fecais que permitirán conectar 9 vivendas que ata o de agora non disponen de acceso a este servizo.
O Concello do Porriño invertirá máis de 1 M de euros na conexión integral da parroquia de Budiño. Ás obras de extensión da rede no Picouzo, que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio, sumaranse as dos barrios de Benunes, Eiriz, Rozadas, e parte da Vacaría e Mantelle.