A Praza de Abastos de Porriño converteuse hoxe nun punto de encontro para a concienciación sobre a xestión de residuos e a reciclaxe. Desde as 10:00 ata as 13:00 horas, instalouse unha mesa informativa dirixida tanto aos/as usuarios/as do mercado como aos/as praceiros/as, co obxectivo de promover prácticas sostibles no manexo de residuos.
O Punto de Información Catastral do Concello do Porriño retoma a súa actividade este mes de outubro. Trátase dun servizo gratuíto que estará ubicado nas oficinas do departamento de Urbanismo (2ª planta-Casa Consistorial).
O Porriño acolle esta fin de semana a XXX edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que terá lugar no centro urbano da vila, na zona peonil da rúa Ramón González. O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o venres 6 e o sábado 7 de setembro en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas.
O Porriño contará moi pronto cun novo espazo cultural, un auditorio municipal versátil que resolverá as carencias de espazo escénico de calidade que arrastra desde sempre a vila do Louro.
O Concello do Porriño comezará nas próximas semanas as obras de humanización da rúa San Sebastián, no tramo que vai dende a Avda. Domingo Bueno e a Capela de San Sebastián.
Logo dunha detallada diagnose levada a cabo nos últimos meses, que involucrou a responsables políticos, ao equipo técnico do Concello e a representantes das entidades sociais, económicas e ambientais do territorio, O Porriño presenta a súa Axenda Urbana e Rural. Trátase dun documento que se desenvolveu seguindo a metodoloxía da AU española e que pretende dar resposta aos retos e problemáticas identificados no municipio, co obxectivo de lograr un Porriño máis inclusivo, integrado, resiliente e sostible.
O pavillón de deportes do CEIP Fernández López, pertencente ao complexo deportivo do Pavillón Municipal do Porriño, fará obras de ampliación e mellora da súa accesibilidade no abeiro do Plan extraordinario de infraestructuras deportivas (PEID) da Deputación de Pontevedra.
Continúan as obras de reacondicionamento da praza de abastos do Porriño, que contará con varias fases para modernizar as instalacións e a súa contorna.
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), coa colaboración do Concello do Porriño e da Xunta de Galicia, está xa mergullada na campaña de Rebaixas de verán.
O Concello do Porriño dá un paso máis na humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.