Eva García agradece á ministra a visita a "unha empresa señera na investigación farmacéutica"

A alcaldesa Eva García de la Torre dixo hoxe ao finalizar a visita da ministra de Sanidade, Carolina Darías á planta "Biofabri" de Torneiros, que "nos enche de absoluto orgullo de que unha empresa do Porriño resalte en investigación e coñecemento ".A alcaldesa agradeceu á ministra que acudise a Porriño para coñecer máis sobre o traballo que se está a levar a cabo para desenvolver dúas vacinas contra a pandemia da Covid.