Entregados os seis premios do Xogo "A Miña Avoa"

Hoxe celebrouse nun acto no Centro Cultural Municipal, a entrega dos seis premios aos gañadores do Xogo "A Miña Avoa", un concurso organizado polo Concello e a Oficina Municipal de Información Xuvenil, Omix, destinado a promover o consumo no comercio e a hostalería do Porriño. O Xogo contou coa colaboración de 145 establecementos da vila. A veciñanza porriñesa participou dun xeito moi activo e acadou descubrir nun tempo record os seis “tesouros”, pois o xogo comezou o sábado 10 de abril e tense rematado en dez días cando a previsión era que durase ata primeiros de xuño.O xogo que era aberto a toda a cidadanía da vila, consistiu na procura dos seis "tesouros", premios de 50€ para consumir no comercio e na hostalería locais. Dando protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais. Era imprescindible para participar, facer previamente algunha compra nos establecementos asociados e dispor do ticket de compra correspondente.

Unha vez localizados os 6 "tesouros", fíxose entrega hoxe dos premios e dos diplomas que constitúen un recordo desta procura do tesouro e destes aventureiros do Porriño.

Os gañadores foron os seguintes:Por partida dobre Monste Davila que atopou os tesouros en Correos e na Biblioteca Municipal.Sonia Barciela Ozores que o atopou na Capela de San Benito.Noelia Davila Fernández atopouno no Parque Alcalde Ordoñez.Julia Cerrada González na Fonte Do cristo.E Branca Inés Gómez Fortes no Muro do Albergue Peregrino.Todos son veciños do Porriño agás unha das gañadoras, que traballa en Porriño pero reside en A Cañiza.

A concelleira de Cultura e Festas, Cami Moreira e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal fixeron entrega dos premios xinto con representantes das asociacións de comerciantes "ACIPOR" e de hostaleiros "AHOSPOR".