Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de
Estadística son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor
recuperación económica presenta nos últimos dez anos. Dende 2009 incrementouse
o número de cotizantes á Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os
concellos pontevedreses, por riba incluso de Vigo. Asimesmo outros indicadores
confirman esa tendencia xa que se incrementou o nivel de renta e tamén medrou a
poboación.
En concreto segundo os datos do IGE, O Porriño é o concello
da provincia que mellor remontou a crise e conta hoxendía cun 7% máis de
cotizantes que hai unha década. Exactamente 7.714 altas máis na Seguridade
Social con respecto a hai dez anos.
Por outra banda, según datos obtidos da Renta 2017, os
porriñeses incrementaron a súa capacidade adquisitiva. Mentres en 2013 a media
de ingresos íntegros anuais era de 15.227 euros, en 2016 declararonse unha media
de 16.792 euros anuais.
Ademais O Porriño presenta outro indicador moi alentador que tén que ver
co aumento da súa poboación. O instituto galego de Estadística salienta que a
nosa vila é un dos poucos concellos galegos que medra cun incremento de 2.626 habitantes
na última década.