Uns 200 estudantes de 6º de Educación Primaria do Porriño visitaron as instalacións da escola de motociclismo do IKERIC RACING Sport Galicia. Foron un total de seis visitas nos días 17, 18 e 19 de xuño organizadas pola concellería de Educación xunto coa propia escola deportiva, coa finalidade de acercar o motociclismo á rapazada e despertar o interese nesta disciplina deportiva.
Esta mañá 141 escolares do Porriño deron o pistoletazo de saída a Porrigalia coa súa particular PrePorrigalia, unha festa infantil que chega xa á súa terceira edición, organizada polas concellerías de Cultura e Educación.
Escolares e profesorado dos centros educativos do Porriño viviron evacuacións realistas nos seus centros, guiados pola Policía Local. Soamente os directores/as dos centros estaban ao corrente destes simulacros, para que a experiencia fose o máis real posible.
O Concello do Porriño organiza un curso de Ofimática e Capacitación Dixital. A acción formativa, de 30 horas de duración, está aberta a toda persoa interesada, con independencia do lugar de residencia, e é totalmente gratuito. Ademais, impartirase de forma presencial nas instalacións de Porremprego, en Torneiros, en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas en participar.
Alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP Fernández López visitan a Casa Consistorial para rexistrar unha proposta de mellora para a veciñanza do Porriño, un traballo escolar que espertou o interese do alcalde, Alejandro Lorenzo.
A segunda xornada da I Mostra de ciencias na rúa do Porriño ACIENCIACERTA arrancou hoxe co pregón da madriña, Verónica Salgueiriño Maceira. “Verónica é a primeira muller científica homenaxeada, a primeira de moitas”, indicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E a primeira tiña que ser, por suposto, unha porriñesa”.
Esta mañá conmemorouse o 50º aniversario do colexio Hermanos Quiroga, nun acto moi emotivo nas instalacións do centro. Ao evento asistiron o alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto con membros do goberno municipal, a inspectora de Educación da zona, Rosalía Polo Cal, directores e representantes doutros centros educativos do Porriño, así como antigos profesores e alumnos.
Esta semana inzamos as ciencias de rúas! A I Mostra de ciencia na rúa/openscience ACIENCIACERTA, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal, tomará a vila os días 6, 7 e 8 de xuño.
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño realizou, en colaboración da Concellería de Emprego do Concello do Porriño, a segunda sesión do “Taller de NewSkills” para adestrar as competencias blandas a través da realidade virtual.
Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, composto por José Luis Baños de Cos, dramaturgo; Ana San Fernando, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeira do Louro; e Raquel Castro, escritora e profesora, como secretaria do xurado, con e sen voto; o xoves 16 de maio, na sede da Editorial Galaxia decide declarar gañadora desta VII edición a obra Fóra de campo que unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Rosalía Fernández Rial.
O Concello do Porriño xunto coa Deputación de Pontevedra organizou un concerto do grupo De Vacas para festexar as Letras Galegas, o mércores 17 de maio ás 21 horas na praza do Arquitecto Antonio Palacios.