A Biblioteca Municipal do Porriño foi escollida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para integrarse na renovada Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na plataforma Koha, un software libre de código aberto. Grazas aos novos cambios que se porán en marcha este verán, a biblioteca porriñesa poderá ofrecer ás súas usuarias e usuarios novos servizos e novas facilidades.
Felipe VI presidiu este luns no Porriño os actos de celebración do 50 aniversario de Aimen Centro Tecnolóxico. O Xefe do Estado coñeceu tres novos tipos de soldaura láser e un robot de asistencia para a recuperación da funcionalidade de doentes que teñen daño cerebral.
Felipe VI presidirá no Porriño, os actos do 50 aniversario de AIMEN Centro Tecnolóxico, o vindeiro luns, 17 de xullo, dende as 11:45 horas, no Centro de Aplicacións Láser de AIMEN, no Polígono Industrial Cataboi.
O alcalde accidental, Manuel Carrera, e as concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, asistiron este venres, en representación do Goberno local do Porriño, ao acto no que os responsábeis da Deputación fixeron balance dos seus dous primeiros anos á fronte da institución provincial.
Integrantes da ANPA do CPI da Ribeira, encabezados pola súa presidenta, Cristina Rodríguez, acompañados pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, desprazáronse este martes a Santiago para estar presentes no Parlamento de Galicia na intervención do conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, en relación co peche das aulas da ESO deste centro de Torneiros.
Un ano máis, Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) DO Porriño, A Guarda, Gondomar, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona e o Espazo Xove de Tui, organizan o Certame de Fotografía Viaxando, que este ano chega a súa 11º edición.
O Punto SmartPeme do Porriño celebra o vindeiro xoves, día 13 de xullo, ás 7 da tarde-no Centro Multiusos de Torneiros-, o taller "Google Calendar, moito máis que unha axenda’.
Xa está activo o grupo de conversa en alemán na Biblioteca Municipal do Porriño. Se che interesa o idioma alemán, dende a biblioteca bótante unha man: xa podes ir aos grupos de conversa en alemán que se celebran todos os martes de 6 e media a 7 e media da tarde.
A aula de SmartPeme do Porriño organiza, ao longo do mes de xullo , distintas sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar punto SmartPeme de referencia, situado no Multicentro do Concello en Torneiros.
Centos de persoas, entre elas unha importante cantidade de alumnas e alumnos e país e nais, ademais de profesores dos concellos nos que a Consellería de Educación decidiu pechar centros educativos ou traspasar unidades dos mesmos, manifestáronse este xoves en Compostela en defensa da Educación e contra os recortes no sistemapúblico.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Porriño celebrará cursos de dinamización de diversas temáticas.
Un total de 150 rapazas e rapaces participaron no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño que se disputou este ano no CEIP Fernández López entre xogadoras e xogadores de 6 a 16 anos, todos eles alumnas e alumnos de centro educativos do Porriño.