A conselleira do Medio Rural,Ángeles Vázquez, acompañada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o delegado da Xunta en Vigo e os concelleiros da Corporación, Manuel Alejandro Lorenzo e Carlos Martínez, entre outras autoridades, coñeceron de primeira man a ampliación e expansión da empresa alimentaria “La Torta”, do Porriño.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do concello do Porriño, emite a través de videoconferencia a charla “ Dalle luz a túa factura”, impartida pola “Escola Galega de Consumo”
Este martes, día 28 de novembro o Concello do Porriño celebra ás 12:00h. o seu Pleno Infantil no que estarán presentes alumnas e alumnos de centros educativos da vila que exporán os seus proxectos, ideas e propostas no mesmo, coincindindo coa celebración do Día dos Dereitos da Infancia, impulsado por UNICEF.
A Policía Local do Porriño está a desenrolar os colexios de ensino infantil e de primaria Xosé Fernández López, Atios, Cruz-Budiño, Antonio Palacios, Da Ribeira, Santo Tomás e Hermanos Quiroga, unha campaña de educación vial que chegará a un total de 215 rapazas e rapaces.
Este mes de novembro é o “Mes da ciencia”, e na Biblioteca Municipal do Porriño o celebran convocando un obradoiro de divulgación científica para público infantil, cun tema de enorme importancia e de moita actualidade: os incendios.
A presidenta da Deputación, acompañada polo deputado de Cooperación, David Regades, e pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asistiu esta mañá á inauguración das novas obras do Campo de Fútbol do Carballo, instalacións empregadas polo U.D. Atios onde habitualmente adestran máis de 250 deportistas de equipos de todas as categorías.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do Porriño emite a través de videoconferencia a presentación da “Guía técnica e proxecto tipo de infraestructuras de fogar dixital (IFD).
Xa podes consultar a Programación Cultural de novembro no Porriño premendo aquí, entrando en http://ecultura.net/, ou nas redes sociais municipais, Facebook- Concello do Porriño- ou Twitter-@PorriñoConcello-.
Como adiantara o mes pasado, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, xa está en marcha o proxecto que permitirá que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos do Porriño, poidan expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupen, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren, co compromiso de que serán tidas en conta polo Goberno Municipal.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto co alcalde de Salceda, Marcos Besada, o ex alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, responsábeis da 'Asociación Levada Libre' e familiares das veciñas e veciños asasinados polo Exército franquista denunciou este xoves o ataque sufrido polo monumento erixido o pasado mes de agosto na ‘Volta da Moura’ para lembrar aos republicanos represaliados días despois do Golpe de 1936.
11 estudantes alemáns procedentes da cidade de Oberhausen están dende o pasado día 23 no Porriño nunha viaxe de intercambio incluído no ‘Programa Multi’, no que participan diferentes socios internacionais co el principal obxectivo de desenrolar actividades conxuntas entre rapazas e rapaces de diferentes culturas.
O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de novembro distintas sesións de capacitación tecnolóxica, gratuitas, que terán lugar na súa sede no Multicentro do Concello do Porriño en Torneiros.