A comitiva de 16 estudantes franceses máilos dous profesores acompañantes partiron hoxe en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomé para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.
Este serán, a partir das 20 horas, o Concello de Porriño ofrecerá un agasallo no Círculo Recreativo Cultural ós 16 estudantes franceses do intercambio coa vila gala de Fronçac que chegarán hoxe, por vía aérea ata Oporto e logo por estrada ata nosa cidade. Tamén asistirán o agasallo as familias porriñesas que aloxarán nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e dos colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomás que viaxaron o ano pasado ata Francia.
A Alcaldesa de Porriño, Eva García e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Area de Cultura de “Afundación”, Obra Social de ABanca suscribiron hoxe o convenio mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de ABanca en Porriño, Jorge Luís García.
O Concello de Porriño renovou a súa achega económica que se mantén en 20.000 euros para a XVI edición do Festival de Curtametraxes de Cans que terá lugar do 22 ó 25 de maio.Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e “Keka” Iglesias, presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, xa suscribiron o correspondente convenio de colaboración que garante a aportación económica do Concello.A cantidade que fora incrementada en 2018 polo goberno municipal que preside Eva García supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans. “Ese esforzo xustifícase pola maior importancia que cobra cada ano o Festival que pón O Porriño no mapa cultural de Galicia e de España”, valorou a alcaldesa.No texto do convenio suscrito entre Concello e maila Asociación Arela suliñase que o Festival de Cans “é un dos acontecementos de maior popularidade e, sen dúbida, o que maior impacto mediático acada de xeito que promociona Porriño a nivel galego, estatal e incluso internacional”.O apoio do Concello de Porriño ó Festival de Cans non se reduce á achega económica senon que tamén é loxístico xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestions de Seguridade, Tráfico, Limpeza, Vías e Obras que contribuen á realización do evento.
Soledad Girón, concelleira do equipo de goberno, responsable de Servizos Sociais entregará este serán os diplomas acreditativos ós quince participantes no curso “Coas as mans na masa” que conclue hoxe na Escola-Obradoiro do Multicentro Municipal de Torneiros. Tratouse dun cursiño para elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis do Baixo Miño, Louriña, Condado e Val Miñor.
Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fazenda visitou e comprobou o resultado das obras de reposición do falso teito nas aulas de Infantil e arranxo dos baños no CEIP Fernández López que acometera o Concello de Porriño. A execución desta obra era unha demanda da comunidade educativa de este colexio que non fora atendida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.“Despois de terse reiterado a petición sen acadar resposta afirmativa da administración autonómica, finalmente o Concello de Porriño decidiu asumir a súa execución con cargo ó orzamento do plan de obras que están a realizarse ata o final do presente mandato”, sinalou Lourdes Moure.De feito a ANPA A Oliveira dese centro de ensino agradeceu no seu Facebook a colaboración prestada polo Concello de Porriño.
Lourdes Moure, concelleira de Educación inaugurou esta tarde o curso formativo que se impartirá ata o mércores na Escola-Obradoiro de Torneiros dentro do ciclo "Coas mans na masa".
Alumnas e alumnos de 6 e 7 anos de 1º de Primaria do CEIP Antonio Palacios visitaron esta mañan a sede do Concello de Porriño así como as instalacions da Policía Local. Os nenos recibiron no salón de plenos unha explicación de cómo funciona un concello e logo percorreron as diferentes oficinas e andares da casa consistorial.
Ao longo deste mes de abril a Oficina SmartPeme de O Porriño ofrecerá as súas charlas divulgativas para autónomos, pequenos emprendedores e microempresas coa finalidade de asesorarlles sobre o melleor uso das novas tecnoloxías nos seus negocios.“Utiliza Instagram para promocionar e vender os teus productos” é o título da charla deste serán. Impartiráse a partir das 19 horas cunha duración de 120 minutos no Multiusos Municipal de Torneiros.Para os interesados podense consultar temas e datas das vindeiras seis charlas máis que haberá no documento pdf que adxuntamos ó pé desta nova.SmartPeme é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que inclue Porriño entre a media duzia de oficinas que desenrolan este programa de información dirixido a empresas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volumen de negocio anual inferior a 2 millons de euros. Na provincia de Pontevedra estimase que hai 64.000 pequenas empresas que supoñen o 92% do tecido empresarial provincial.
Lourdes Moure y Orlando Marquez, concelleiros do equipo de goberno municipal emprenderán mañan mércores unha viaxe ata a vila croata de Vrgorac para establecer un irmandamento co Concello de Porriño. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de escolares que está a realizarse. De feito, representantes da mancomunidade municipal Fronsadais tamén acudirán á vila croata para participar e amplar lazos.