PHOTO-2020-12-04-13-53-41.jpg
Excepcional resultado da recollida solidaria polo #GivingTuesday entre os centros de primaria do Porriño
Esta mañá operarios do Concello e o concelleiro delegado de Servizos Sociais recolleron nos colexios do Porriño os donativos de alimentos e produtos de hixiene infantil que centos de nenos e nenas entregaron nos seus respectivos centros docentes coa ocasión do "#GivingTuesday" ("Martes de dar").
IMG_4850.jpg
Os centros escolares do Porriño centralizan a recollida solidaria do #GivingTuesday
Os centros educativos do Porriño centralizan a recollida solidaria de alimentos e produtos de hixiene infantil coa ocasión de celebrarse este martes 1 de decembro o “Giving Tuesday”. O “Martes de dar” é un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.
Porrino_GivingTuesday2020-cartel.jpg
O Concello do Porriño súmase un ano máis á iniciativa solidaria #GivingTuesday, cunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés
Mañá 1 de decembro é o “Giving Tuesday” ou “Martes de dar”, un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.
IMG_4428.jpg
O pleno infantil demandou rachar coa fenda dixital coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia
A mellora da conectividade á Internet en todo o territorio municipal e unha maior dinamización de actividades de lecer a través da Rede, foron as dúas demandas máis reiteradas pola maioría dos nenos e nenas do Porriño que participaron hoxe na sesión telemática do pleno infantil.
Pleno2.jpg
O Concello celebrara este venres 20 un novo pleno infantil coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia
O Concello celebrara este venres 20 un novo pleno infantil coa ocasión do Día Mundial dos Dereitos da Infancia
IMG_4391.png
O mozo Alejandro Gómez reclamou no nome da infancia porriñesa que o Parlamento Galego garanta "a redución das desigualdades"
O mozo porriñés Alejandro Gómez Granja reclamou ao Parlamento de Galicia que "os grupos políticos tomen todas as medidas necesarias para garantir a redución das desigualdades e na procura de cidades e comunidades sustentables".
Pleno-infantil-en-Parlamento-de-Galicia-voceiro-dos-nenos-do-Porrino.jpg
Un alumno do Porriño intervirá no pleno infantil do Parlamento de Galicia
Este martes terá lugar o VIII Foro Autonómico de Participación infantil e Adolescente que organiza o Parlamento de Galicia no que intervirá o alumno porriñés Alejandro Gómez Granja en representación do Consello Municipal da Infancia. A sesión será telemática a partir das 12,30 horas e poderá seguirse a través da páxina web do Parlamento. Deixamos ligazón.
IMG_4247.jpg
O Concello lidera un proxecto internacional de empoderamento da mocedade contra o cambio climático financiado pola Unión Europea
O Concello do Porriño acadou a aprobación pola Unión Europea dun proxecto sobre mocedade e cambio climático no abeiro do Programa de Desenvolvemento das Capacidades da Mocedade, xestionado directamente pola Comisión Europea e cun orzamento total de 150.000€.
76bc3fb9-28f0-41c8-a203-263518385ba5.jpg
O Consello Municipal da Infancia participará na sesión telemática do Parlamento de Galicia para conmemorar o Día Universal dos Dereitos dos Nenos
A pesar das dificultades que supón a situación actual, o traballo no Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño continua preparando a súa intervención que realizará o vindeiro 17 no Parlamento de Galicia.
ed29c6cc-54b1-4c23-b003-5f625f3f599e.jpg
Comeza a actividade "Planetario 3D" polos centros educativos coa ocasión do Día Mundial da Ciencia
Hoxe comezou no CEIP de Cruz-Budiño a actividade “Planetario 3D” que xunto coa denominada “Cinema 360º”, están promovidas polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX).
Dia-Mundial-da-Diabetes.jpg
O Concello sumase á conmemoración do Día Mundial da Diabetes
O vindeiro sábado 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes e coa ocasión desta efeméride, o Concello do Porriño colaborará con ANEDIA (Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes en Galicia) nunha acción informativa que terá lugar no Centro Cultural Municipal.