O Centro Cultural Municipal acolle a exposición dos traballos que os alumnos e alumnas do IES Ribeira do Louro desenvolveron durante este curso nas asignaturas de debuxo técnico e debuxo artístico.
A delegación española que visitará Mozambique no marco do proxecto europeo “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica” partiu hoxe do Porriño cara Nampula.
A praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu hoxe “PrePorrigalia”, un evento no que máis de 200 alumnos e alumnas de oito centros educativos do municipio disfrutaron do espectáculo “Abordaxe Gala”, da compañía Barafunda, con Asterix, Obelix e máis habitantes da aldea gala como persoaxes.
O Centro Cultural Municipal acolle mañá venres, ás 18:30 h, a última conferencia das xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”.
Os nenos e nenas dos colexios do Porriño disfrutan estes días de xornadas multiaventura no marco da Semana Branca, que se celebra dun xeito diferente: con area, sol e mar.
O Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia acolleu hoxe o acto de formalización dun convenio para a colaboración da Xunta de Galicia co Clúster do Granito no impulso das ensinanzas de Formación Profesional. Ao acto acudiron Javier Blanco, presidente do Clúster, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fdez- Tapias e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.
Dende hoxe e ata o 13 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscripción nos campamentos organizados polo Concello do Porriño para favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.
O centro cultural acolleu onte a presentación de “Casa de Feras”, Premio Vidal Bolaño 2021, de Edgar Costas. Acompañando ao autor, estivo o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a escritora e secretaria do premio, Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
O pavillón deportivo do IES Ribeira do Louro leva xa o nome de Tania Rodríguez Estévez, árbitra de balonmán de élite que foi alumna do centro educativo.
O Servizo de Normalización Lingüística do Porriño, pertencente á Concellería de Educación, conta xa cun espazo web propio (www.normalizacionlinguisticaoporrino.wordpress.com) co obxectivo de achegar o noso idioma á cidadanía e co que poderá dar visibilidade ás campañas de dinamización e normalización lingüística, así como a diversos materiais e recursos en lingua galega.
323 alumnos/as de de 5º e 6º de primaria do Porriño amplían a súa formación cun obradoiro de eco-percusión no que aprenden nocións básicas sobre como tocar a caixa, o tambor e a batería.
Os participantes no proxecto EcoYouth, coordinado polo Concello do Porriño e financiado con fondos da Unión Europea, foron recibidos onte na casa consistorial do Porriño pola alcalde, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Educación, Carolina González, e a concelleira Lourdes Moure.