Dende o martes 14 ata o venres 17 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 horas, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.
Da mesma forma, o alumnado de novo ingreso que teña feita a preinscrición correspondente no mes de xullo poderá matricularse a partir das 17 horas do venres 17 de setembro.As listaxes co nome, día e hora do alumnado preinscrito están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música.Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 18.30 horas do venres 17 de setembro ou a partir do día 22 de setembro de 16.30 a 18.30 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.
Máis información nesta ligazón
https://ecultura.net/a-escola-municipal-de-musica-do-porrino-abre-o-prazo-para-formalizar-a-matricula-do-curso-2021-2022/