O Concello de Porriño renovou a súa achega económica que se mantén en 20.000 euros para a XVI edición do Festival de Curtametraxes de Cans que terá lugar do 22 ó 25 de maio.Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e “Keka” Iglesias, presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, xa suscribiron o correspondente convenio de colaboración que garante a aportación económica do Concello.A cantidade que fora incrementada en 2018 polo goberno municipal que preside Eva García supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans. “Ese esforzo xustifícase pola maior importancia que cobra cada ano o Festival que pón O Porriño no mapa cultural de Galicia e de España”, valorou a alcaldesa.No texto do convenio suscrito entre Concello e maila Asociación Arela suliñase que o Festival de Cans “é un dos acontecementos de maior popularidade e, sen dúbida, o que maior impacto mediático acada de xeito que promociona Porriño a nivel galego, estatal e incluso internacional”.O apoio do Concello de Porriño ó Festival de Cans non se reduce á achega económica senon que tamén é loxístico xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestions de Seguridade, Tráfico, Limpeza, Vías e Obras que contribuen á realización do evento.
O Concello de Porriño, a través da Escola Municipal de Música, organiza, coa colaboración da Deputación Provincial, a quinta edición do “Festival de Coros” que se celebrará mañán xoves no Círculo Recreativo e Cultural da vila.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
A OMIX do Concello de Porriño comunica o aprazamento da actividade ó aire libre prevista para o venres 5 de abril no abeiro da programación "Vive a Cultura Urbana". As malas previsions meteorolóxicas aconsellan posponer as actividades previstas.
Lourdes Moure y Orlando Marquez, concelleiros do equipo de goberno municipal emprenderán mañan mércores unha viaxe ata a vila croata de Vrgorac para establecer un irmandamento co Concello de Porriño. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de escolares que está a realizarse. De feito, representantes da mancomunidade municipal Fronsadais tamén acudirán á vila croata para participar e amplar lazos.
Eva García, acompañada de técnicos municipais, inspeccionou esta mañán o desenrolo das obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal.
O Concello de Porriño lembra que ata hoxe luns 1 de abril podense presentar textos teatrais inéditos, escritos en galego, para aspirar á segunda edición do Premio “Roberto Vidal Bolaño” dotado cun premio económico de 2.000 €. As obras son de temática libre se ben hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.O Concello súmase a organización do certame que convocan o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinará co gañador ou gañadora do certame, o correspondente contrato para a edición da obra que sexa galardoada.A resolución do Premio darase a coñecer no mes de xuño e a entrega farase na última semana dese mes.
Cun salón ateigado de público no Centro Cultural Municipal de Porriño, presentouse esta noite o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia", editado por "Engaiolarte" nunha edición de altísima calidade que sufragou o Concello de Porriño. Xosé Ramón Paz e Xosé Ramón Iglesias encargaronse da selección do material e dos textos explicativos dunha obra que amosanos facetas descoñecidas e apaixoantes do ilustre arquitecto porriñés.
O xoves 28 presentase o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia” que recopila bocetos, debuxos, apuntes e pinturas dos que unha parte se exhibe na exposición que alberga o Centro Cultural Municipal dende febreiro. Precisamente a presentación do libro farase no mesmo Centro Cultural ás 20,30 horas.
O 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro que en Porriño se celebrará cunha representación da obra “Ratas” a cargo da compañía “Indignati”. A posta en escea está programada na praza Arquitecto Palacios, a partir das 18 horas.