Nesta séptima quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa, hoxe ofrecemos o vídeo realizado por Pablo Sanromán, adestrador físico do club Porriño Industrial que nos propón exercicios para o tren superior do corpo.
Unha vez coñecidas as franxas horarias e as medidas ditadas polo Ministerio de Sanidade para poder correr ou pasear segundo tramos de idade a partir do sábado día 2, a Concellería de Deportes difunde un vídeo descritivo dos circuítos habilitados no paseo do río Louro, un gráfico informativo e as normas de utilización que deberán observar as persoas que o empreguen.
Nesta sexta quenda do ciclo "Porriñodeportenacasa, hoxe ofrecemos o vídeo realizado por Mary Artos, primeira adestradora co Club Patín Porriño, que se ocupa de dar rutinas de mantemento físico para embarazadas. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas cinco entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín e Pablo Alonso, colaborador do Porriño Baloncesto Base, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico.
Hoxe, 29 de abril, celebrase o Día Internacional da Danza, efeméride que o departamento de Cultura do Concello lembra dun xeito especial na súa web cunha programación que vencellamos nun enlace a pé de páxina. Nesta ocasión, a Concellería de Cultura solicitou a colaboración da bailarina, coreógrafa e profesora de danza porriñesa, Janet Novás que gravou un vídeo cunha mensaxe especialmente dirixida á poboación que aínda debe manter a corentena nas súas vivendas.
Pablo Alonso “Karpin”, colaborador de los campus do “Porriño Baloncesto Base” (PBB) encargase nesta quinta quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa de presentarnos exercicios adaptados para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas catro entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín Porriño, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico. https://youtu.be/yl2Axh3AQO8
Hoxe, xoves 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. Pero temos que facerllo dende a casa. Así que o departamento de Cultura do Concello e a Biblioteca Municipal lembran a oferta de contidos, lecturas e recursos on line que están a ofrecervos para facer máis levadeira esta corentena.http://ecultura.net/suxerencias-da-biblioteca-municipal/
Publicamos hoxe a cuarta quenda quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Ana Cristina Oya, segunda adestradora do Club Patín Porriño, amósanos unha sinxela clase de baile para axudarnos a facer exercicio e levar mellor a corentena.Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas tres entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios e Mary Atós do Club Patín Porriño, os encargados de darlles pautas de mantemento físico.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude, expresa o seu apoio ao concurso "Celebra con nós o Día do Libro", promovido pola Xunta de Galicia. Desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizouse un sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
Publicamos hoxe a terceira quenda do ciclo de vídeos de #Porriñodeportenacasa. Mary Artos, primeira adestradora do Club Patín Porriño, amósanos exercicios para a columna e zona lumbar para o mellor coidado das nosas costas.Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Nas dúas primeiras entregas foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño e Xoel Souto, da U.D. Atios os encargados de darlles pautas de mantemento físico aos nosos maiores para mellor levar o confinamento. https://youtu.be/RZRrufkRNkU
Xoel Souto, preparador físico da Unión Deportiva Atios, é o encargado de facer esta segunda entrega do ciclo #Porriñodeportenacasa que subimos hoxe ás redes sociais do Concello.Nesta quenda, Xoel preparou unha serie de exercicios para o mellor mantemento físico das persoas maiores de 80 anos que a consecuencia do estado de alarma, permanecen confinados nos seus fogares e non poden saír ás rúas. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, iniciou o pasado venres 17, un ciclo de vídeos baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Na primeira entrega, foi Ana Alonso, preparadora física do club “Balonmán Porriño” ofreceunos unha clase dirixida especialmente a persoas maiores, entre 70 e 80 anos, con bo estado de saúde e sen patoloxías previas graves. Pedimos que os netos e netas, fillos e fillas axuden aos avós e aos pais por se tiveran dificultades para ver o vídeo aínda que o procedemento de descarga e visión é moi sinxelo. https://youtu.be/f1D93UZ0sg4
O Concello, a través da Concellería de Deportes e coa inestimable colaboración dos clubs locais, estrea nas redes sociais do Concello, un ciclo de vídeos baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecemos diversas rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.Segundo explicou Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello, “o propósito é axudar á poboación, nestas datas de confinamento, a realizar certa actividade física”. Conforme as instrucións do concelleiro David Alonso, responsable de Deportes, "pretendese chegar a todos os públicos, incluídos colectivos como terceira idade, embarazadas ou persoas con capacidades diversas que tamén precisan de facer exercicio durante estes días de confinamento".Ana Alonso, preparadora física do club “Balonmán Porriño” ofrécenos a primeira clase que vai dirixida especialmente a persoas maiores, entre 70 e 80 anos, con bo estado de saúde e sen patoloxías previas graves.Pedimos que os netos e netas, fillos e fillas axuden aos avós e aos pais por se tiveran dificultades para ver o vídeo aínda que o procedemento de descarga e visión é moi sinxelo.