A Concellería de Deportes informa que o Concello do Porriño acordou reabrir algunhas instalacións deportivas de titularidade municipal para a práctica de actividades deportivas federadas a nivel autonómico nos termos e restricións que actualmente determina a Xunta de Galicia.Por medio dun decreto da Alcaldía comunícase a reapertura das instalacións deportivas que acollen actividades federadas, "os límites e consideracións que se recollen no decreto da Xunta deben ser respectados polos deportistas".A decisión permite reabrir, polo momento, os pavillóns do Polideportivo Municipal, as pistas de tenis e pádel así como as pistas de atletismo.
María Gracia Paniccia, presidenta do Porriño Industrial, acompañada de Mario López, coordinador de fútbol base, asinou hoxe co concelleiro de Deportes, David Alonso, o acordo de axuda municipal para este club consistente nunha subvención de 60.000 euros.
Hoxe celebrouse a presentación da tempada 2021 do equipo "La Sal Cocinas Louriña" en Porriño, xunto á escultura que honra a Oscar Pereiro, gañador do Tour de Francia do 2006. Este club, nacido en 2020, ten 110 licenzas e 5 equipos en categorías elite e menos de 23 homes e mulleres; en xuvenís femininas; en BTT-XCO e na categoría máster (veteranos).
O Concello de Porriño destina un total de 476.000 € en subvencións aos principais clubs deportivos do municipio neste exercicio 2021, mediante convenios. Hoxe a alcaldesa Eva García e o presidente da Unión Deportiva Atios, José Cebreiro, en presenza do concelleiro de Deportes, David Alonso, asinaron a correspondente achega a este club de fútbol, consistente en 45.000 €.
O Concello do Porriño anuncia a ampliación ata o 17 de febreiro do prazo de presentación da convocatoria "Decora a túa máscara hixiénica" e indica que a exposición das propostas que se seleccionen non será presencial senón en liña.
O Concello do Porriño expresa o seu pesar pola morte do atleta Alejandro Gómez e traslada as súas condolencias aos seus familiares e amigos. Sufría unha grave enfermidade que acabou hoxe coa súa vida, aos 53 anos. Este atleta, alcumado como "Galgo de Zamans" acudía regularmente a Porriño e mantivo fortes lazos coa comarca da Louriña.Alejandro Gómez foi o principal referente do atletismo na área de Vigo e un exemplo para xeracións de atletas do Porriño e doutros concellos.Gómez foi un dos mellores atletas españois na décadas dos oitenta e dos noventa, presente en tres Xogos Olímpicos (Seúl 88, Barcelona 92 e Atlanta 96) e gañador de infinidade de probas.
O Concello do Porriño suspenderá temporalmente o mercado ambulante durante as tres vindeiras semanas, segundo acordou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid. Tamén durante ese período de tempo pecharanse os parques infantís e os recintos culturais, sociais e deportivos, conforme ás restricións que acordou a Xunta de Galicia e vixentes ata o 17 de febreiro.
A actual situación de pandemia pola Covid e as restricións en vigor, impiden celebrar este ano o Entroido. Por este motivo A Concellería de Cultura e Festas que dirixe Cami Moreira ven de abrir hoxe mércores 20, o prazo de presentación de traballos para unha mostra fotográfica de máscaras hixiénicas decoradas.
A Concellería de Deportes enviou unha circular aos clubs do Porriño indicando as novas restricións no deporte autonómico federado, comunicadas hoxe pola Xunta de Galicia. Como consecuencia da suspensión de todas as competicións deportivas federadas no ámbito galego que entrarán en vigor a partir deste xoves, segundo a Consellería de Sanidade.
O piloto porriñés, Yago Martínez, proclamado por segundo ano consecutivo, campión de España sub 18 de motocross, agradeceu persoalmente ao Concello do Porriño o apoio recibido na tempada que acaba de rematar. Yago recibiu a través do contrato de patrocinio que asinou co Concello, unha achega de 3.000 euros en 2020.
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán este martes 5 de xaneiro, de xeito presencial, aos nenos e nenas do Porriño que queiran falar con eles. Os Reis Magos atenderán en dúas quendas, pola mañá entre as 12 e as 14 horas, e pola tarde de 17 a 20 horas, no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal onde está habilitada unha zona de recepción.