O Porriño, 29 de decembro de 2025.- O Concello do Porriño quenta motores para a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos cunha das citas máis agardadas polo público infantil e familiar: O Porriño Peque Fest, a gran festa do Nadal pensada para as nenas e nenos, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de xaneiro na pista 2 do Pavillón Municipal dos Deportes.
O Porriño, 27 de decembro de 2025.- O Concello do Porriño acollerá este domingo, 28 de decembro, unha nova cita dentro da programación de Nadal coa celebración do Roteiro Moteiro, unha actividade que contará coa participación da Vulcan Riders Association Galicia e que encherá as rúas da vila de motor, ambiente festivo e espírito de Nadal.
O Porriño, 22 de decembro de 2025. - O Concello do Porriño volverá poñer en marcha neste Nadal o servizo de autocares gratuítos para facilitar á veciñanza o acceso á iluminación e á decoración de Nadal da vila, repetindo unha iniciativa que contou cunha excelente acollida o pasado ano.
O Porriño, 18 de decembro de 2025. - O Concello do Porriño organiza un obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal, unha actividade dirixida á infancia que se desenvolverá durante varios días das festas co obxectivo de fomentar a creatividade, a participación e o achegamento ás tradicións propias destas datas.
O servizo especial de tren turístico comeza a súa ruta con alumnado de centros educativos do municipio para descubrir a iluminación e decoración do Nadal na vila
Unha burbulla recrea, no Parque do Cristo, unha atmosfera encantada, chea de ilusión e cun escenario ambientado e decorado para recibir a Papá Noel e aos Reis Magos
Un dos grandes piares desta programación serán as tres rondallas que tocarán no casco urbano e por tódalas parroquias, comezando o percorrido mañá mesmo e clausurando o calendario festivo o domingo 11 de xaneiro co tradicional certame
A Xunta de Galicia destina máis de 140.000 euros para a adecuación dun novo local contiguo á sala xa existente, que permitirá acadar preto de 200 m² dedicados á figura do arquitecto porriñés