Festa-Holi-porrino-presentacion.jpg
O Porriño encherase de cor, música e diversión na súa festa Holi
O Concello do Porriño presentou hoxe a Festa Holi, que terá lugar na vila do Louro o venres 9 de agosto. A praza do Arquitecto Antonio Palacios encheuse de cores para anunciar esta festa que se tivera que cancelar na Porrigalia debido á meteoroloxía adversa, e conta agora cun espectáculo algo diferente.
Divertimento-Puerilis-cartaz.jpg
Atrezo e Fontevella presentan "Divertimento Puerilis"
A praza arquitecto Antonio Palacios acolle este domingo 4 de agosto, a partir das 21 h, unha das actividades adiadas de Porrigalia por mor da choiva.
Paola-Gonzalez.jpg
Paola González, delegada española no Torneo de Exhibición de Balonmán Praia dos Xogos Olímpicos de París
París acollerá do 27 ao 29 de xullo o “IHF Beach Handball Showcase” no marco dos Xogos Olímpicos 2024 e, como non podía ser doutra forma, O Porriño estará presente. A porriñesa Paola González Casales foi designada pola Federación Internacional de Balonmán como delegada por España, marcando un novo fito na súa traxectoria deportiva e tamén na da vila na que deu os seus primeiros pasos nesta disciplina.
Rondalla-Santa-Maria-Porrino.jpg
Nace a Rondalla Santa María do Porriño
O Porriño contará este ano cunha nova rondalla, a Rondalla Santa María do Porriño, unha agrupación integrada xa por 40 persoas. O Porriño é berce de rondalleiros/as e un referente no tocante a estas tradicionais agrupacións, ao contar coas dúas grandes Rondallas, a de Santa Eulalia de Atios e a da AC de Pontellas. Ademais, na vila do Louro celebrase cada ano o Encontro de Rondallas que reúne ás mellores formacións do sur da provincia e a miles de persoas que non faltan á cita.
porrigalia-2024-carreira-carretillas.jpg
A Porrigalia xunta a máis de 8.000 persoas no Porriño na súa segunda xornada
As probas olímpicas da Porrigalia tiveron lugar durante a tarde do sábado e a mañá de hoxe. Máis de 8.000 persoas acudiron onte ao Porriño a vivir os xogos olímpicos e gozar de todas as actividades. As Olimpiadas Técnicas, celebradas onte e hoxe pola mañá en diferentes zonas da vila, amosaron a grandeza do deporte compartido entre amigos e familia, nun ambiente festivo, onde a diversión era o motor e o premio máis importante.
carpa-pantalla-eurocopa-porrino.jpg
Suspéndese a programación da Porrigalia esta tarde, pero haberá pantalla xigante e carpa para ver o partido da selección española na Eurocopa
AVISO IMPORTANTE: Suspensión de actos de Porrigalia e Holigalia programados para esta tarde de domingo!
destrone-secuestro-alcalde-porrino-porrigalia-2024.jpg
Destrone e secuestro do alcalde do Porriño na segunda xornada da Porrigalia
Esta segunda xornada da VIII Porrigalia ven chea de xogos e espectáculos durante todo o día. No Showcooking do Mercado de Abastos do Porriño, da man de Marta Solé e Roberto Cuerdo, os chefs elaboraron un prato saúdable e fixeron mostra de como se pode reconvertir unha comida.
claudio-giraldez-pregon-porrigalia-porrino.jpg
Acendido da chama olímpica e pregón de Claudio Giráldez! Arranca Porrigalia!
Comezan os Xogos Olímpicos do Porriño. A Porrigalia arrancou esta tarde co desfile das nove comparsas caracterizadas das diferentes civilizacións, o acendido da antorcha olímpica e o pregón que da inicio ás celebracións.
festicultores-troupe.jpg
Os Festicultores Troupe animan a todos a participar na Holigalia este domingo de Porrigalia
Os Festicultores Troupe xa está preparados para o festón de cores da Holigalia este domingo 14 de xullo. Unha explosión de humor, música, cores para facernos bailar a todos e todas.
porrigalia-cortes-trafico.jpg
Cortes de tráfico no centro urbano do Porriño pola celebración de Porrigalia
A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restriccións de tráfico que se aplicarán os días 12, 13 e 14 de xullo no centro urbano do Porriño pola celebración da Porrigalia.
obras-pavillon-fernandez-lopez-porrino-03.jpg
O pavillón do CEIP Fernández López do Porriño ampliarase e mellorará a súa accesibilidade
O pavillón de deportes do CEIP Fernández López, pertencente ao complexo deportivo do Pavillón Municipal do Porriño, fará obras de ampliación e mellora da súa accesibilidade no abeiro do Plan extraordinario de infraestructuras deportivas (PEID) da Deputación de Pontevedra.
san-bieito-2024-porrino-subasta.jpg
As uvas do San Bieito vendidas por 100 euros
O día grande de San Bieito no Porriño recauda 362 euros na súa tradicional subasta benéfica, que este ano destina o recaudado á AECC do Porriño. As puxas polo racimo do Santo acadaron 100 euros. Os piques entre os participantes da subasta son un espectáculo en sí e non faltan tampouco nos outros artículos subastados, como prantas, ovos ou aceite.