A obra premiada nesta edición, Os rapaces só se tocan para darse de hostias, foi escrita por Iván Caloto e aborda con sensibilidade temas como o acoso, a identidade e a adolescencia.
O Pleno municipal aproba a sinatura dun convenio marco de colaboración que reforza os vínculos culturais entre Galicia e Madrid arredor da obra do arquitecto porriñés.
A nova pista contará cunha superficie de 20 x 12 metros e estará equipada con céspede artificial de alta calidade, converténdose nun espazo versátil para a práctica de distintas actividades deportivas ao aire libre.
Este domingo, 18 de maio, o Pavillón Polideportivo Municipal do Porriño converterase no escenario do Campionato Galego 3x3 U17, unha cita organizada pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base, que reunirá 18 equipos das categorías masculina e feminina nunha intensa xornada de competición e espectáculo deportivo.
A homenaxe recoñeceu o paso de Laura Carmona polas audicións a cegas de La Voz Kids, onde, con só 14 anos, superou con éxito a primeira fase do concurso musical televisivo.
A aldea de Cans xa respira ambiente de festival. Esta mañá celebrouse no Torreiro o acto de presentación oficial do XXII Festival de Cans, que terá lugar entre os días 20 e 24 de maio, reunindo unha vez máis o mellor do cinema galego e estatal nun dos eventos culturais máis singulares do país.
Desde a nosa entidade queremos enviar unha mensaxe de ánimo, forza e profundo respecto a José Antonio Burgarín, do Porriño, e ás oito persoas que o acompañan nesta aventura única e chea de coraxe: a súa participación na Skoda Titan Desert Marrocos 2025, unha proba épica que se celebra do 1 ao 6 de maio, no marco do 60º aniversario da Fundació Institut Guttmann.
. En plena primavera, o Concello do Porriño anuncia a primeira edición da Mostra da Camelia. Será a vindeira fin de semana, os días 12 e 13 de abril, no Parque do Cristo, cando expositores chegados de toda a provincia amosen os seus traballos de floricultura e os asistentes poidan contemplar ducias de especies e variedades deste xénero orixinario das rexións tropicais e subtropicais de Asia suroriental, China e Xapón.