Dous deportistas do Equipo Deportivo POWER UP do Porriño acadaron o pasado día 13 dous importantes títulos no Campionato do Norte de España da Federación Española de Fisicoculturismo.
O vindeiro día 27 de maio o Coro de Entenza ofrecerá un concerto no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, as 8 da tarde.A entrada é de balde, ata encher o aforo.
O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, estivo presente na entrega de premios do torneo de basket que, finalmente, disputouse no Pavillón Municipal do Porriño por mor da choiva.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asistiron este sábado no Pavillón Municipal ao acto de homenaxe a José Manuel Barros, quen fora alcalde da vila durante 23 anos.
Despois do éxito da pasada edición a Concellería de Deporte en colaboración co Concello de Tui, pon en marcha a quinta edición do Triatlón Tui – Porriño. O deseño da edición de 2016 acadou un alto grado de satisfacción entre os 350 participantes que disfrutaron dun río espectacular, unha ruta en bicicleta polo Val do Louro e unha carreira a pé polas rúas do centro do Porriño. Nesta edición impoñémonos o reto de ampliar os parámetros de calidade acadados, tendo en conta a experiencia de anteriores edicións estamos seguros de poder garantir unha tarde perfecta para todos.