Normas e formulario para reservas de pistas de tenis e pádel municipais

Unha semana máis o Servizo de Deportes do Concello do Porriño lembranos as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel. Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, nonpor cada un dos xogadores. A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel. Respecta en todo momento os horarios e pista asignada. Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal. Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez. Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotasposibles. Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.Reserva de pistas.Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar através do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.Teléfonos de confirmación:661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.Faga as súas consultas preferentemente porWhatsApp.Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPPENLACES PARA RESERVAS 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc2D2IGZM8eD1x6DrbzdZEZ5wF1pFAmJvHu40OF-kS32iCnEg/viewform