A partir de hoxe luns 14, comezou o prazo de inscrición nas distintas actividades da Programación de Nadal, organizada polo Concello do Porriño.
Este prazo estará aberto ata o luns 21 de decembro, para as seguintes actividades:
- Martes 22. Obradoiros de Nadal. Inscricións en: galopinocio@gmail.com
- Sábado 26. Concerto Banda Collón de Lola, pasa para o auditorio do Centro Cultural Municipal. Inscricións: cultura@oporrino.org
- Domingo 27. Concerto Amantes da Terra. Inscricións: cultura@oporrino.org
- Martes 29. Teatro "As pitas baixo a choiva". Inscricións: cultura@oporrino.org
Para máis información consultar a web ecultura.nethttps://ecultura.net/