Aberta inscrición para asistir á proxección da película "As silenciadas"

O vindeiro sábado 17, ás 19 horas, no Centro Cultural Municipal terá lugar a proxección do filme documental "As silenciadas", programada pola Concellería de Cultura coa ocasión do 90 aniversario da II República.

Polos protocolos Covid, o aforo será restrinxido e previa inscrición, a través de correo electrónico no enderezo: cultura@oporrino.org

Ata o venres 16 de abril, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@oporrino.org indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e como asunto “As silenciadas”, para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

A inscrición está unicamente destinada a persoas adultas, debido ao contido desta película.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.

Para máis información deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.

https://ecultura.net/proxeccion-do-filme-as-silenciadas-conmemoracion-do-90-aniversario-da-ii-republica