O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade continúa a mesma liña de actuación que en anos pasados, e “para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños”, organiza, de novo, o ‘Campamento de Nadal’, co-financiado pola Deputación de Pontevedra.
Dezaseis veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego empezan o luns, 1 de outubro, un obradoiro de emprego de garantía xuvenil, remunerado, de 6 meses de duración, impulsado polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a deputada provincial de Cohesión Social e xuventude, Digna Rivas, presidiron este xoves, na Praza de Antonio Palacios, “Mulleres en Acción. Violencia Zero” unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra que é unha aposta decidida e visual pola loita contra as violencias machistas.
A deputada de igualdade, Digna Rivas, xunto á alcaldesa, Eva García de la Torre, participarán este xoves, 20 de setembro, na 21ª intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
Este sábado, día 15, as actividades do Pinchonen@ comezaron ao mediodía cun ‘Obradoiro de chocolates e galletas’, coa famosa cociñeira e blogueira Inés Caracía, na que as rapazas e rapaces participantes aprenderon a facer estesalimentos; ás 6 da tarde está un Show Cooking, impartido por Miri e as 9 da noite Photocall, todo coa participación de Noemí Fernández.
A concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, entregou os diplomas ás nenas e nenos que participaron nos Campamentos de Verán do Concello, este ano. En total, sinala a concelleira, foron 240 participantes que puideron gozar durante 6 semanas de actividades coma xogos, deportes, excursións, ou saídas ao Museo do Mar de Galicia ou á Praia de Alcabre, en Vigo.
A concelleira de Emprego e Servizos Sociais, Soledad Girón, visitou este martes aos participantes no Obradoiro de Emprego Covelo II que este xoves, día 12, chega á súa clausura oficial.
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
A ‘2ª Andaina dos Sentidos’, programada para o pasado día 10 de xuño e que finalmente tivera que ser aprazada por mor do mal tempo, xa ten nova data: será o vindeiro domingo 1 de xullo.
A concelleira de Comercio, Formación e Emprego de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a responsable da área de Benestar , Emprego e Igualdade do Porriño, Soledad Girón, presentaron este luns a ‘II Andaina dos Sentidos’, que será o vindeiro domingo, día 10 de xuño.
A Deputación de Pontevedra organiza para este luns, ás 11 e media da mañá, no salón de actos do Centro Cultural do Porriño a segunda das actividades socioculturais previstas para este ano e dirixidas ás persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria.
O Goberno local do Porriño vén de esixir á Xunta de Galicia que corrixa de xeito inmediato a actual situación que teñen que soportar os porriñeses con diversidade funcional que non poden empregar os autobuses de ‘Faibus’ para desprazarse de Vigo a O Porriño.