O alcalde Alejandro Lorenzo presenta as tres grandes liñas de actuación do goberno municipal para os vindeiros anos. Os terreos están localizados no centro urbano e en Torneiros e suporán a creación de 80 novos fogares
O Porriño, 7 de agosto de 2025.- O Concello do Porriño está a celebrar o éxito da edición 2025 do seu Campamento de Verán, unha iniciativa que ofrece unha alternativa educativa, lúdica e segura para os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos durante o período estival. O campamento, que se desenvolve desde o 30 de xuño ata o 5 de setembro, acolle a un máximo de 50 participantes por semana, facendo posible un ambiente próximo e adaptado ás necesidades das familias porriñesas.
O Porriño, 29 de xullo de 2025.– O Concello do Porriño porá en marcha nas vindeiras semanas unha serie de cursos de formación en Reanimación Cardiopulmonar (RCP) dirixidos á veciñanza, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta cidadá ante situacións de emerxencia sanitaria.
O Porriño, 23 de xullo de 2025. – Os obradoiros dixitais para maiores de 65 anos organizados por Cruz Vermella coa colaboración do Concello do Porriño están a ter unha excelente acollida, con máis de 15 persoas inscritas nas primeiras sesións que se celebran no Centro Sociocomunitario.
O Porriño, 14 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño colabora nos obradoiros dixitais para maiores de 65 anos organizados por Cruz Roja. Estes talleres están dirixidos a persoas maiores de 65 anos, cun claro obxectivo: achegar este colectivo ás novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital.
O Porriño, 3 de xullo de 2025.- Esta mañá tivo lugar no Porriño o acto de presentación da campaña “Non esquezas doar antes de veranear”, promovida pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), no que participaron a directora de ADOS, Marisa López García; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo Alonso; e a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso Castaño.
O Porriño, 17 de xuño de 2025.- No marco da campaña “8M, 365 días”, o Concello de O Porriño continúa a súa aposta pola concienciación en igualdade desde as idades máis temperás. Hoxe o Alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou varios centros educativos do municipio para coñecer de preto o desenvolvemento da iniciativa “Banco da Igualdade”, posta en marcha pola Concellería de Igualdade e Educación en colaboración coa OMIX.
O Porriño, 2 de xuño de 2025. – Mañá, 3 de xuño, ás 9:00 horas, abrirase o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán 2025, unha actividade organizada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM). A iniciativa forma parte do programa “O Porriño en favor da conciliación da vida persoal e laboral” e ten como obxectivo facilitar ás familias porriñesas a conciliación durante o período estival.
O Concello do Porriño organiza o vindeiro luns 21 de abril un Obradoiro Infantil de Pascua, dirixido a nenos e nenas da vila, que terá lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios, en horario de 17:00 a 20:00 horas. En caso de choiva, a actividade trasladarase á carpa da praza do Cristo.
O Concello de O Porriño inaugurou hoxe as novas instalacións do Servizo de Atención Temperá, situadas na Rúa Doantes de Sangue nº 1. Este servizo, que xa se viña prestando en locais provisionais habilitados no Pavillón Municipal, mellora agora as súas condicións de atención grazas a un novo espazo deseñado especificamente para ofrecer un apoio integral ás crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias.