O Concello do Porriño acadou un acordo coa Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridad Social (INSS) para simplificar trámites aos solicitantes do Ingreso Mínimo Vital. A medida estrearáse a vindeira semana, segundo anunciou David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais. Coa finalidade de evitar aos solicitantes desprazamentos e colas, o INSS solicitará por vía telemática os certificados de empadroamento históricos e colectivos, que é un trámite indispensable para pedir e acceder ao Ingreso Mínimo Vital. “Deste xeito simplificanse as xestións aos demandantes que non terán a obriga de ter que acudir ao Concello xa que será a propia administración municipal a que se encargará de enviar os certificados á Seguridade Social”, manifestou o concelleiro. Neste senso, David Alonso agradeceu a colaboración de Fernando Alvarez-Blázquez, director provincial do INSS “polo que supon de axilizar trámites aos veciños e veciñas do Porriño evitandolles que corran riscos por causa da pandemia”, rematou o concelleiro.
O Concello do Porriño felicitou á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil polo seu continuado traballo a prol da veciñanza como ven amosando dende o estado de alarma e no período posterior.
Esta semana rematou o reparto do mes de xullo do Banco de Alimentos "SÓS Porriño". David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais explicou que como consecuencia da crise económica que propiciou a pandemia sanitaria, "actualmente temos que atender e repartir alimentos entre máis xente. Pasamos de 175 familias a primeiros de ano, a 300 e agora mesmo xa son 500 familias do Porriño, as demandantes desta axuda".
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
Baixo o lema "Por un Porriño Trans-Verso", o Concello celebrou o "Día do Orgullo LGTBIQ+".Cami Moreira, concelleira de Igualdade manifestou o seu orgullo de que "O Porriño se sumara un ano máis a esta celebración para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade".
A Alcaldesa Eva García presidiu este mediodía a presentación do programa de actos de celebración do "Dia do Orgullo LGTBIQ+" que comezará este serán e rematarán mañá domingo.
A Concellería de Igualdade e a Oficina de Información Municipal Xuvenil (OMIX) anuncian a celebración polo Concello do Porriño do “Día do Orgullo LGTBIQ+” durante esta fin de semana, baixo o lema "Un Porriño Trans-verso". Cami Moreira, responsable da Concellería explicou que “estamos moi orgullosas de que o Concello do Porriño se sume á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade”, segundo manifestou a concelleira de Igualdade. Os actos comezarán este sábado 27, ás 12 horas, coa presentación do programa. A roda de prensa terá lugar no salón de plenos do Concello. Eva García, alcaldesa do Porriño presidirá a comparecencia que protagonizarán a concelleira Cami Moreira, o muralista “Doctoy” David Brey Vázquez e o poeta Samuel Merino. Os actos de celebración do Día do Orgullo continuarán sábado e domingo con diversas actuacións artísticas e musicais que se anunciarán na antedita comparecencia.
O vindeiro 28 de xuño é o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+Próximamente incluiremos toda a información sobre a programación preparada pola Concellería de Igualdade, que dirixe Cami Moreira, e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Porriño.
Os técnicos do departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño asesora aos veciños e veciñas que vaian a solicitar o IMV (ingreso mínimo vital).Pode solicitarse desde este luns a través da sede electrónica da Seguridade Social.Para orientar aos posibles demandantes desta renda, o departamento de Servizos Sociais editou uns folletos informativos que reproducimos.
O goberno municipal levará á consideración do pleno da corporación local, a adhesión do Concello do Porriño ao Servizo Provincial de Acollida de Animais Abandonados, dependente da Deputación de Pontevedra.
Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos.