Como cada luns, o centro sociocomunitario do Porriño acolle os obradoiros “Cultiva a mente”, organizados polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA. Nos mesmos, participan 16 persoas maiores de 55 anos que hoxe recibiron a visita do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Terceira Idade, Rosario Costas, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.
O Porriño recibirá os días 4, 5 e 6 de maio, a visita da unidade móbil de “Coidados porta a porta”, a iniciativa da Xunta de Galicia para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
O Concello do Porriño e a Asociación Galega de Afectados por Silicose asinaron a súa colaboración para avanzar na visibilización e prevención desta enfermidade.
A Xunta Local da AECC no Porriño está a desenvolver a campaña de prevención do cancro colorrectal entre a poboación maior de 50 anos, con motivo do Día Mundial para a Prevención do Cáncro de Colon que se celebra cada 31 de marzo.
O Concello do Porriño e AFAGA poñen en marcha o programa “Cultiva a mente” co obxectivo de previr a demencia e promocionar hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional nas persoas maiores de 55 anos.
O Concello do Porriño vén de dar o primeiro paso para implantar o programa de atención temperá no municipio. Falamos dun servizo moi demandando no Porriño consistente nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (ata 6 anos) e á súas familias, que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades permanentes ou transitorias que poidan presentar as nenas e nenos con trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelos.
SOS Porriño lanza unha campaña de recollida: necesitase leite, pasta, productos de hixiene infantil (cueiros tallas 4, 5 e 6, toalliñas, xeles..) e alimentación para bebés.
O próximo 18 de marzo ás 18h o Centro Cultural do Porriño acollerá unha charla de sensibilización sobre as demencias da man de AFAGA en colaboración co Concello do Porriño, a través das concellerías de Benestar Social e Terceira Idade que dirixen Abel Estévez e Rosario Costas, respectivamente.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, acompañaron hoxe á porriñesa Laura Romero que recibiu un dos premios do concurso escolar de carteis que cada ano convoca a Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller.