A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño informa que está aberto, a ta o vindeiro 23 de marzo, o prazo de solicitude para o campamento polideportivo Príncipe Felipe 2018 organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Este campamento está destinado a nenas e nenos nados entre os anos 2004 e 2011 (ambos os doús incluídos), con domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
https://www.youtube.com/watch?v=h5y0arSAEFw
Establécense as seguintes quendas:
Primeira quenda: do 9 de xullo ao 14 de xullo
Segunda quenda: do 16 de xullo ao 21 de xullo
Terceira quenda: do 23 de xullo ao 28 de xullo
Cuarta quenda: do 6 de agosto ao 11 de agosto
Quinta quenda: do 13 de agosto ao 18 de agosto
Sexta quenda: do 20 agosto ao 25 agosto
O prezo é de 125€ por nena ou neno.