Policía Local do Porriño e Garda Civil impediron una operación de compra venda de dous quilos de marihuana e detiveron a catro persoas en relación con estes feitos. Tamén os axentes interviñeron preto de 7.000 euros en efectivo.A transacción impedida polo operativo policial tiña lugar en Porriño. Detivéronse aos compradores, dous veciños de Portugal e aos dous responsables da venda, veciños do Porriño e Madrid.As investigacións, coordinadas pola Garda Civil, iniciáronse a mediados de setembro por mor dunha alerta cidadá informando dun posible punto de venda de marihuana nunha parroquia do municipio porriñés, segundo informou a Subdelegación do Goberno.As pescudas, que se desenvolveron coa colaboración de varios compoñentes da Policía Local porriñesa, deron o seu froito a semana pasada cando se intercepta un vehículo con placas de matrícula portuguesas, que acaba de realizar unha compra de marihuana na mesma parroquia do Porriño.Garda Civil e Policía Local do Porriño outorgan unha importancia sobranceira á colaboración cidadá que facilitou o traballo de investigación dos corpos policiais.