Hoxe xoves 26 os 40 aspirantes elixidos para traballar na central loxística de “Amazon” que abrirá en Porriño, viaxaron a Barcelona para iniciar a súa formación. A axencia “Manpower” realizou a selección de persoal entre centenares de peticionarios. A plantilla ampliaráse en datas de maior demanda como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno.
A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do Porriño concentraránse ante o consistorio a mediodía e contarán coa adhesión do Concello.
As dúas mangas no que estará dividido o primeiro Rally Mix “Concello do Porriño” discurrirán entre o centro da vila, A Graña e A Risca, ó longo da tarde do sábado 28 e a mañán do domingo 29.
Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.
Hoxe a alcaldesa Eva García firmou a convocatoria do pleno ordinario de setembro que a Corporación Municipal celebrará o vindeiro mércores día 25, as 18 horas, do que adxuntamos a orde do día.
O concelleiro David Alonso, responsable da organización das Festas do Cristo 2019, ven de comunicar unha serie de decisións relativas a diferentes eventos ante as previsións de choiva e mal tempo para mañá.
O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño.
Esta mañan a alcaldesa Eva García firmou e comunicouse a convocatoria da Comisión Municipal previa ó Pleno da Corporación Local de Porriño. A comisión informativa convocada é a de Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados. Reuniráse o venres 20, ás 19 horas.