79cf2e6f-2c0c-46dd-b2f9-3641775cea8c.jpg
Os cursos de primeiros auxilios chegan tamén ás asociacións de veciños
O local da Asociacion de Veciños de Atios foi a primeira quenda dos cursos de primeiros auxílios de nível básico que tamén impartense polas parroquias do Concello. Trátase dunha iniciativa que promove a Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
49a96cd2-4af7-4c31-a656-c5132d022b49.jpg
Concello e "Acipor" fixeron un balanzo "moi positivo" do "Pinchorriño 2019"
Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o "Pinchorriño", segundo os cálculos da asociación comercial "ACIPOR", organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.
fa83c01c-5562-4fd7-9434-75053e0b84bc.jpg
O Concello de Mos cortará hoxe venres a rotonda das Angustias o que vai producir graves afeccións no tráfico do Porriño
O Concello de Mos anunciou que este venres 6 vai cortar á circulación durante seis horas a rotonda das Angustias. Ó parecer o motivo é o acendido do seu alumeado de Nadal. Entre as 16 e as 21 horas.
CARTEL-CAMPAMENTO-NADAL-O-PORRIÑO1-1.jpg
O xoves 5 abrese o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nen@s
Mañán xoves día 5 a partir das 10 horas, abriráse o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos que promove o Concello de O Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM).
B46B6713.jpg
A cantante porriñesa Noemí parte cara a Roma onde representará a España no certame "Tour Music Fest"
Noemí Fernández, a cantante porriñesa que representará a España no certame musical europeo “Tour Music Fest” que se vai celebrar en Roma o vindeiro sábado día 7, recibiu unha bandeira de máns do Concello que levará á capital italiana.
8b07c1a9-a6a5-4de4-9405-2d12aa7b7b46.jpg
Persoal do 061 imparte curso de primeiros auxilios para estudantes do IES Ribeira do Louro
159 alumnos do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” reciben un curso de primeiros auxilios de nivel básico impartido por persoal do 061. Trátase dunha iniciativa formativa que promove o Concello de O Porriño, a través da Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.
B46B6430.jpg
Porriño celebrou o Día Mundial da Discapacidade funcional
Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.
IMG_1996.jpg
O Concello de O Porriño inicia a campaña "Alimentos para todos con motivo da iniciativa #GivingTuesday
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.
CARTEL-ANDAINA.jpg
Porriño celebra mañán martes a Andaina reivindcativa polo Día Mundial da Discapacidade funcional
O martes 3 de decembro ás 11 horas realizaráse a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade, covoncada por “Aceesca” e o Concello de O Porriño. A comitiva sairá desde a praza do Concello e regresará á mesma despois dun percorrido polas rúas de Porriño.
Porremprego.png
A Concellería de Emprego anuncia diversos cursos de formación a abre a convocatoria para inscricións
A Concellería de Emprego anuncia a apertura a partir de mañán martes 3, do prazo de inscrición para persoas interesadas en realizar diversos cursos de formación que financia o Concello de O Porriño.
Cartel-Porriño_GivingTuesday-2019.jpg
O Concello do Porriño súmase á iniciativa solidaria #GivingTuesday
O vindeiro martes 3 de decembro, Porriño súma á iniciativa solidaria #GivingTuesday (Martes para Dar). Esta foi unha das propostas aprobadas polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro e organizado pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello.
IMG_1871.jpg
Recepción ós panadeiros de "Amaquía" e "Forno de Mosende" considerados entre os mellores de Galicia e de España
Os panadeiros porriñeses Luis Miguel Iglesias Lago, de ”Amaquía” e Jose Manuel Fernández Grova, de “O Forno de Mosende” recibiron hoxe unha placa en recoñecemento o seu traballo a prol do pan de Porriño.