Esta tarde terá lugar a I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño que vai contar con máis de mil participantes ainda que serán da orde de 700 os que disporán de dorsal despois de inscribirse no prazo establecido.
A Concellería de Deportes do Concello do Porriño informa que sí haberá servizo de duchas gratuito para todos aqueles partciipantes na San Silvestre que queiran aseaarse despois da carreira.
Vinte porriñeses e porriñesas tomarán parte mañán sábado 28 na derradeira quenda do curso “Conduce con xeito” promovido pola Concellería de Seguridade e organizado pola Policía Local para adestrar ós participantes en técnicas de conducción segura en situacións de risco.
Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, a Concellería de Festexos informa que haberá Mercado de Nadal que terá lugar o vindeiros días sábado 28 e domingo 29.
A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.
A Federación Galega de Ciclismo confirmou que haberá 400 participantes nas diferentes probas e categorías do Cameponato de Galicia de Ciclocross que terá lugar o vindeiro domingo 29 no Porriño.
A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
Porriño será un dos catro concellos que participará no curso "Coas mans na masa" orientado a todas aquelas persoas ligadas de xeito profesional ao mundo da hostalería e a restauración.O curso chamase "Cociña creativa con produto local". Da man do chef galego Iván Méndez, os participantes descubriran novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. O curso é eminentemente práctico e aprenderase facendo, experimentando, cociñando e elaborando.
O Goberno Municipal do Porriño instou á Xunta de Galicia a resolver as deficiencias que apareceron nos centros educativos de Torneiros, tanto na Escola Infantil Galiña Azul como no CEIP Antonio Palacios. A través de dúas cartas o Concello porriñés reclama a sendas instancias da administración autonómica que poña os medios necesarios para arranxar os problemas detectados.