Q55A5088.jpg
O Concello traslada a través de UNICEF, as actuacións que están a realizarse para unha mellor atención á infancia neste estado de alarma
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e da Oficina Municipal de Información á Xuventude, participa dende o pasado martes e ata o vindeiro 2 de xuño, nun ciclo de seminarios “on line”, promovidos a nivel nacional por UNICEF. O obxectivo é mellorar a atención á infancia e á mocidade no contexto actual de crise pola pandemia do “Covid-19”.Os gobernos locais expoñan as súas respectivas experiencias explicando como están a actuar para mitigar os efectos da crise económica nos sectores máis desfavorecidos.
B46B3675.jpg
Máis de 800 porriñeses recibiron axuda alimentaria do Concello debido ao estado de alarma
O departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño realizou un resumo das axudas alimentarias se están a prestar, tanto para a adquisición de productos frescos e de primeira necesidade coma da entrega de lotes de conservas e outros productos non perecedoiros a través de “SOS Porriño”.
B46B3490.jpg
O goberno municipal acorda foemntar o consumo no comercio de proximidade e consensuará co resto dos grupos as posibles axudas
O goberno municipal do Porriño e os grupos políticos da Corporación continuarán "mantendo todas as reunións que sexan precisas ata establecer un acordo consensuado para determinar de que xeito o Concello do Porriño pode axudar ao reinicio da actividade económica local", subliñou a alcaldesa Eva Garcia. A rexedora considerou "moi proveitosas" as reunións que onte á tarde mantivo o goberno municipal. Primeiramente cunha representación de diversos sectores da economía local. E logo cos voceiros dos grupos políticos da Corporación.No primeiro encontro participaron representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR); da Asociación de Hostalaría; praceiras do Mercado de Abastos, taxistas e autónomos. Expuxeron as dificultades que atopan e as necesidades que teñen para recuperar a actividade comercial, da hostalaría e doutros sectores. Eva García relatou que o goberno municipal explicoulles que o Concello pode darlles apoio mediante campañas de promoción do consumo local fomentando que se compre aquí", dixo a alcaldesa. Os representantes dos sectores económicos tamén solicitaron axudas directas que para reiniciar as súas actividades despois de dous meses de paralización. A alcaldesa explicoulles que dentro das competencias limitadas da administración municipal, "queremos consensuar con todos os grupos políticos da Corporación que modificacións orzamentarias poderíamos realizar para inxectar catos na economía local". Precisamente o goberno municipal mantivo onte unha reunión cos voceiros dos grupos municipais na que trasladaron as peticións dos sectores económicos e valoraron que tipo de medidas de apoio poderían acometerse polo Concello. "Imos traballar para determinar as posibles modificacións necesarias do Orzamento Municipal e habilitar partidas para canalizar axudas", manifestou Eva García.
rB46B2005.jpg
Carracido tamén pódese beneficiar da norma que suprimiu as franxas horarias nos núcleos de menos de 5.000 habitantes
O Concello do Porriño quere aclarar que a norma que dende o pasado venres 8, por orde da Xunta de Galicia, eliminou as restricións de mobilidade por franxas horarias en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes, TAMÉN É DE APLICACIÓN EN CARRACIDO. A Concellería de Ordenación do Territorio que dirixe Pedro Pereira, fai esta aclaración ante as consultas xurdidas entre veciños de Carracido. Aínda que Carracido forme parte da parroquia de Santa María do Porriño, constitúe un núcleo diferenciado o que permite a aplicación da mesma norma que rexe para Torneiros, Atios, Budiño, Mosende, Chenlo, Pontellas e Cans. En cambio no centro da vila, en Santa María do Porriño (centro urbano) SEGUEN AS RESTRICIÓNS POR FRANXAS HORARIAS E IDADES que están vixentes nesta fase 1 do Plan de Desescalada. que surpimiu
CONSUMO-PUBLICACION-Facebook.jpg
O goberno municipal escoitará as demandas de axuda de diversos sectores para reiniciar a economía local
O goberno municipal convocou hoxe, a partir das 17 horas, a representantes de diversos sectores da economía local para escoitar as súas necesidades de axuda para a reactivación. Están convocados representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR); da Asociación de Hostalaría; praceiras do Mercado de Abastos, taxistas e autónomos. Despois, a partir das 19 horas, está convocada unha xunta de voceiros do grupos municipais para determinar os asuntos que se tratarán nun vindeiro pleno da Corporación. Entre eles, as modificacións orzamentarias de diversas partidas que non se empregarán e serán redirixidas para axudas sociais e para reiniciar a economía local.
Policia-Local-de-Porriño-cartel.jpg
Axentes da Policía Local reanimaron a unha nena de 2 anos que estaba atragoada, en parada cardiorrespiratoria
Dous axentes da Policía Local do Porriño acadaron reanimar con éxito a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os feitos ocorreron onte sábado, ás 19,40 horas. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia. Cando chegaron os efectivos sanitarias, a nena xa estaba reanimada. Non obstante foi trasladada ata o Centro de Saúde do Porriño para a súa valoración. Tanto dende a Alcaldía coma pola Concellería de Seguridade valorase moi positivamente a actuación dos axentes que ven a revalorizar a importancia da formación continua pola que aposta o goberno municipal porriñés. Toda a plantilla da Policía Local recibiu e completou en 2019 un curso de reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibriladores (DESA) para poder atender emerxencias como a ocorrida onte. Ao mesmo tempo todos os vehículos de patrulla están equipados cun “DESA” que se engade ó restante material que levan para atender emerxencias.De feito xa en novembro pasado, a dotación dun coche patrulla da Policía Local do Porriño atendeu a un condutor en parada cardiorrespiratoria que sufriu un accidente na rotonda do Cristo de Belén, acadando a súa estabilización ata que chegou a ambulancia do 061.
Q55A5242.jpg
A Concellería de Deportes lembra a necesidade de cumprir coas normas de uso dos circuítos habilitados no paseo do río Louro
A Concellería de Deportes anuncia que ven de solicitar á Policía Local do Porriño que faga rondas de vixilancia nos circuítos habilitados no paseo do Río Louro para correr e camiñar ante as denuncias de certos comportamentos que infrinxen as normas establecidas e poñen en perigo aos restantes usuarios.
Q55A1531.jpg
A Concellería de Tráfico pide aos porriñeses que respecten as normas para circular polas beirarrúas
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Tráfico, fai un chamamento aos porriñeses para que observen o xeito de circulación peonil polas beirarrúas para cumprir coas normas de distancia social e seguridade que impón o actual estado de alarma. É dicir: que circulen polas beirarrúas pola man dereita, segundo o sentido da marcha, evitando cruzarse.
Triatlon-Porriño-imagen-archivo-dejan-bicis.jpg
O "VII Triatlón Concello do Porriño" cancelase ata 2021 e os cartos serán redirixidos para axuda á economia local
A Concellería de Deportes anunciou hoxe que a sétima edición do Triatlón Concello do Porriño queda cancelada. Esta proba que ten un especial recoñecemento entre os triatletas de Galicia e Portugal reunindo a máis de 200 participantes como acontecera en 2019, ía celebrarse o sábado 20 de xuño.
rB46B2005.jpg
Máis da metade dos porriñeses xa non teñen restricións por franxas horarias para moverse nas súas parroquias
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) fixo chegar ao Concello do Porriño a orde da Xunta de Galicia que comunica a eliminación das restricións horarias para as saídas, en núcleos separados de menos de 5.000 veciños. A medida que está vixente dende hoxe, permite que algo máis da metade dos porriñeses, ó redor de 11.500 habitantes que viven en sete parroquias xa non teñan restricións por franxas horarias. A liberdade horaria de mobilidade é, de momento, tan só utilizable no ámbito da respectiva parroquia de cada veciño. A medida tomada pola Xunta de Galicia e comunicada pola FEGAMP ao Concello, posibilita, polo tanto, que os veciños de TORNEIROS (3976 hbts.); ATIOS (2299); BUDIÑO (1989); PONTELLAS (1396); MOSENDE (831); CHENLO (513) e CANS (439) non teñan restricións por franxas horarias nin idades para saír.En cambio, en SANTA MARÍA DO PORRIÑO (o centro urbano) NON É DE APLICACIÓN, dado que o núcleo ten unha poboación de máis de 9.000 persoas.
rB46B2005.jpg
O Concello coas bandeiras a media asta polo loito oficial en memoria das vítimas do "Covid-19"
Na seguinte galería de hoxe pódese ver o edificio consistorial coas bandeiras a media asta polo loito oficial decretado en Galicia pola Xunta en memoria das vítimas do "Covid-19".Tamén aprécianse diversas imaxes urbanas entre as que destacan alguns establecementos comerciais abertos e outros que aínda permanecen pechados agardando polas seguintes fases da desescalada.
Q55A5053.jpg
Segue a distribución dos "routers" e tarxetas de internet nos centros docentes para reducir a fenda dixital entre o alumnado
Hoxe realizouse en catro centros docentes do municipio. As imaxes corresponden á entrega realizada a pais e nais de alumnos do CEIP Antonio Palacios, en Torneiros. Alí correspondían 38 "routers" e outras tantas tarxetas de conexión a Internet de 60 GB.