O Concello do Porriño anuncia que decidiu desconvocar a concentración de protesta que ía celebrarse o xoves 12 na Vaquería ante o anuncio da Xunta de Galicia de que o luns 16 informará sobre o proxecto de reforma e mellora da seguridade viaria desa travesía.Este mediodía, recibiuse no Concello a chamada da Axencia Galega de Infraestruturas indicando que o seu director xeral, Francisco Menéndez recibirá o luns 16, ás 10 horas a Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde e responsable municipal de infraestruturas. Trátase da entrevista solicitada e varias veces reiterada por parte municipal para coñecer o estado do proxecto comprometido hai meses pola administración autonómica.En consecuencia, o Concello ven de comunicar á Subdelegación do Goberno a desconvocatoria da concentración para a que tiña solicitada autorización.
A Alcaldesa Eva García decidiu adiar para mañá mércores a reunión telemática que manterá a Comisión Municipal de Seguimento do Covid, á espera do que decida e comunique a Consellería de Sanidade esta tarde. A Consellería celebrará a partir das 18 horas, a reunión co comité científico que lles asesora e despois informará das decisións que se adopten e que poderían afectar ao Porriño, no que atinxe á área sanitaria de Vigo.
O goberno municipal de Porriño e a veciñanza de A Vaqueria acordaron convocar unha concentración de protesta para demandar á Xunta de Galicia o proxecto pendente de reforma da travesía da estrada PO-510 ao seu paso por este barrio de Budiño.
A alcaldesa asinou este mediodía a convocatoria da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid que terá lugar mañá martes 3 de novembro, ás 13 horas. Forman a devandita comisión a alcaldesa e os cinco concelleiros do goberno local; os voceiros de PP, EU SON e UDDL, o Inspector Xefe da Policía Local, o responsable da Agrupación de Protección Civil e o secretario municipal.
O obxectivo é ofrecer unha nova canle de comunicación coa poboación máis nova do concello e darlle maior visibilidade ao traballo realizado polo Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia do Porriño que é un órgano de participación que ven funcionando nesta vila mesmo antes do seu recoñecemento como "Cidade amiga da infancia" por parte de UNICEF, dende 2018.
Axentes da Policía Local encargáronse de vixiar o cumprimento da normativa autonómica nas visitas aos cemiterios da vila coa ocasión do Día de Todos os Santos
O Porriño segue en alerta vermella polo número de contaxios activos de Covid. Por sexto día consecutivo O Porriño manténse nesa relación segundo aparece no mapa actualizado do Servizo Galego de Saúde cos datos ata 18 horas de onte xoves.
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure compartiron visita con Olga García, deputada delegada de Cohesión Social, ao Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro onde presenciaron o resultado final dunha "Acción polo Clima" realizada por alumnos e alumnas.
O Concello, a través da Concellería de Seguridade, anuncia que coa ocasión da festividade do 1 de novembro, Día de Todos os Santos haberá un despregue da Policía Local en todos os cemiterios do Porriño. Segundo indicou Lourdes Moure, a concelleira responsable, haberá un policía no acceso a cada un dos cemiterios, tanto no municipal de O Porriño como nos das respectivas parroquias.
Eva García, alcaldesa de O Porriño participou este mediodía, xunto con outros alcaldes e alcaldesas de concellos da ruta xacobea, nunha reunión telemática coa presidenta da Deputación. Tratouse dunha reunión da Mesa Provincial do Camiño na que Carmela Silva explicou aos responsables municipais as diferentes iniciativas que a Deputación está a desenvolver para pór en valor este itinerario cultura como un eixe estratéxico da estratexia turística de O Porriño e demais concellos do Camiño.
O Concello do Porriño informa á veciñanza da normativa decidida pola Xunta de Galicia que será de aplicación ás visitas aos cemiterios coa ocasión da festividade de Todos os Santos e Defuntos.
O Porriño é un dos dezaoito concellos da provincia de Pontevedra e preto de 40 de Galicia que se atopan no nivel 3 ou alerta vermella por número de infectados por Covid en relación a súa poboación. Por cuarto día consecutivo, O Porriño aparece no mapa de alertas do coronavirus que publica o Servizo Galego de Saúde na súa páxina web.